domingo, 14 de junio de 2020

IMOS REMATANDO

Xa é hora de ir acabando as tarefas. Esta semana non imos programar ningunha actividade, xa que o cansazo está a facer acto de presenza en todos e todas. 
Aproveitar para acabar actividades pendentes, se é que vos queda algo.
Agradecemos a todas as familias o traballo realizado ao longo destes meses. A situación foi complicada para todos. 
Desexámosvos que pasedes un verán estupendo. Vémonos polos corredores á volta.
Biquiños para todos e todas!

ORLA ALUMNADO 2º A

Grazas por todo. 
Foi un auténtico luxo ser vosa mestra durante estes dous anos. Deséxovos o mellor e espero ter un oco nos vosos corazóns igual que o teredes vós no meu corazón.



ILLA FANTASÍA

Temos unha mensaxe desde Isla Fantasía.
VIDEO


domingo, 7 de junio de 2020

PROGRAMACIÓN DO 8 AO 12 DE XUÑO


Programación

CANCIÓN

Os nenos e as nenas de 2º A a estas alturas do curso xa estaríamos aprendendo novas cancións, así que aquí os deixo dúa.
A primeira de Sofía Ellar, espero que vos guste tanto coma a do curso pasado de "Bailando con vaqueros".
A segunda en galego, do grupo Roma, é preciosa.




jueves, 4 de junio de 2020