martes, 31 de marzo de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DENDE A BIBLIOTECA

Propostas  lectoras da nosa mascota Güino para estes días de confinamento.
Clickade na imaxe


l

 Moitísimas grazas a nosa compañeira Mari Cascallar por compartir con nós esta lectura.



PARA LER

Aulas galegas:
Conto inédito de Antonio M. Fraga.
O escritor eumés Antonio M. Fraga agasalla a Aulas Galegas con este relato inédito, ideal para estes días.
 Clicka na imaxe.





ANUNCIO IMPORTANTE

Estimadas familias:
Tal e como anuncia a dirección do centro segundo as Instruccións do 27 de marzo de 2020 enviadas pola Consellería de Educación aos centros educativos, realizaremos a avaliación do 2º trimestre tendo en conta todo o traballo realizado ata o momento no que se declarou o estado de alarma.
As familias que desexedes visualizar o boletín coa avaliación dos vosos fillos e fillas poderedes facelo descargando a aplicación"Abalarmóbil"  no Google Play. Logo da descarga, pediravos o voso móbil e un código que vos chega por SMS. A continuación teredes que establecer un contrasinal. Se durante este proceso vos aparece unha mensaxe indicando que non hai ningún teléfono vinculado, ou tedes algún outro atranco, poñédevos en contacto co colexio a través do teléfono 881930480 ou no email ceip.couceiro.freijomil@edu.xunta.es 
Saúdos.

ACTIVIDADES FRANCÉS

PROPOSTA 3 EDUCACIÓN FÍSICA


ACTIVIDADES EDUCACIÓN FÍSICA #Eu quedo na casa# SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL
2º CURSO
DIA 1
  • CIRCUÍTO NA CASA
Elabora un circuito de exercicios no espazo máis seguro e axeitado posible da casa onde poidas desenvolver as túas diferentes habilidades.
Utiliza materiáis sinxelos que podemos atopar na casa ( botellas, basoiras cadeiras, pelotas, cubos..)
Busca a aprobación e colaboración dun adulto.
Pon roupa e calzado cómodo e fai un quecemento previo.( 1 -2 minutos)
Repite o circuito 3 veces. Cada exercicio do circuito debe durar 20 segundos.
Descansa un pouco entre cada repetición.
Mira o seguinte video, que che pode axudar para elexir os teus exercicios.





DÍA 2
  • ZOOFÚTBOL NA CASA”
Busca unha pelota de pequeno ou mediano tamaño. ( se non a atopas podes construir unha de pape, cun xornal vello, revista, un pouco de celo, pegamento..).
Busca un espazo seguro e axeitado da casa.
Fai apoio a catro patas para desplazarte, non apoies os xeonllos e utiliza unha man para conducir ou golpear a pelota mentres te sostés co resto dos apoios.
Polo corredor da casa fai conducións coa pelota ida e volta.
Ensaia lanzamentos á portería (os marcos dunha porta , unha cadeira), a 1 ou 2 metros de distancia e intenta utilizar ámbalas mans.

Reta aos que poidas na casa a xogar un breve partido de 2 ou 3 minutos.



PROPOSTA NÚMERO 2 EDUCACIÓN FÍSICA





GALEGO

Bo día:
Parece que non é posible descargar as actividades de galego polo que o subimos noutro formato.
Saúdos









lunes, 30 de marzo de 2020

VIDEO: NO COUCEIRO QUEDAMOS NA CASA

Queremos darvos as grazas pola vosa colaboración. 
O vídeo é moi bonito e sen vós non sería posible.


PROGRAMACIÓM GALEGO SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL

LEMBRADE O NOSO HORARIO 

ESTA SEMANA TEMOS PROGRAMADAS TRES COMPRRENSIÓNS LECTORAS EN GALEGO QUE VOS DEIXAMOS A CONTINUACIÓN.


domingo, 29 de marzo de 2020

PLANIFICACIÓN SEMANA 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL


PROGRAMACIÓN MATEMÁTICAS DO LUNS DÍA 30 ATA O VENRES DÍA 3

Bo día:
Temos programado matemáticas para o luns, martes, mércores e xoves.

  • Luns día 30 de marzo: Repasamos o resumo do tema 2 que tedes a continuación e facemos ficha 2 da centena,
  • Martes día 31 de marzo: Ficha 2 (Os números do 100 ao 199).
  • Mércores día 1 de abril: Ficha 3 (sumas con levadas e propiedade conmutativa).
  • Xoves 2 de abril: Ficha 4 (Os días da semana e os meses do ano).





PROGRAMACIÓN CASTELÁN SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL

A programación de Lengua é a seguinte:

  • Luns día 30 de marzo: Repasamos o tema 2 e realizamos a ficha 2.
  • Mércores 1 de abril: Fichas 2 e 3.
  • Xoves 2 de abril: Ficha 4.

A continuación tedes todo o material para esta semana.
Biquiños para todos e para todas!




PROGRAMACIÓN NATURAIS DO LUNS DÍA 30 ATA O VENRES 3 DE ABRIL




Esta semana repasaremos o Aparello respiratorio.
En primeiro lugar atoparedes varios vídeos sobre este tema.
Despois de ver o vídeo 1 teredes que completar a ficha 1 . Toda a información que necesitades para facer a actividades a atoparedes no vídeo 1-


VÍDEO 1




VÍDEO 2




VÍDEO 3



VÍDEO 4


PROGRAMACIÓN SOCIAIS SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL

En sociais teredes que mirar o resumo do tema 2 que subimos en dous formatos (PDF ou vídeo).


Para repasar os contidos deste tema tedes actividades interactivas. Podedes clickar no enlace.


A LOCALIDADE

COMUNICÁMONOS.

Bo día:
Moitas grazas por compartir connosco imaxes do voso día a día.
Os días van pasando e aínda que nos queda  un tempo máis sen vernos ao recibir as vosas fotografías sentímonos un pouco máis preto de vós.
Biquiños para todos e para todas.
Antía envíanos algunhas fotos traballando e realizando o reto que nos propuxeron en Educación Física. 
A nosa compañeira Noa que cumpriu 8 anos. O outro día celebraron os cinco anos da súa irmá Sabela e esta semana o de Noa (xa ten oito) . Felicidades pequena!
Martín Lafuente que comparte actividades coa súa irmá Clara que non se quere perder nada. Tamén estiveron de celebración xa que a pequena da casa cumpriu tres anos. O vindeiro curso vémola no cole.
Inés que nos manda unha fotografía coa súa mascota ( non se é un can ou unha cadela) e outra traballando.
Icía que está a traballar moito. Comparte actividades co seu irmán.
Moitas grazas a todos.















viernes, 27 de marzo de 2020

VENRES 27 DE MARZO

Bo día, nenos e nenas!
Hoxe é venres, hoxe é venres,
Anímate co venres, anímate co venres!
Hoxe é venres, hoxe é venres,
Anímate co venres, anímate co venres!

Empezamos o venres cunha canción.



O noso horario para hoxe é o seguinte:


En galego tedes que facer unha receita. A continuación está o modelo.
Podedes acabar as actividades  non rematadas.





No blog de música hai actividades planificadas.
En plástica hoxe coloreamos mandalas. Subimos varias, podedes escoller unha ou ir facendo pouco a pouco varias. Se non tivésedes impresora podedes copiar nun folio unha das imaxes e decorala ao voso gusto.
Biquiños para todos e para todas.







jueves, 26 de marzo de 2020

COMUNICÁMONOS

As cociñeiras Noa e Sabela cociñan a torta de aniversario da pequena da casa, Sabela xa ten 5 anos.
Moitas felicidades!






Víctor non para nin un momento e para que o comprobemos mándanos unhas fotos.
Vémonos pronto.
Besiños




XOVES 26 DE MARZO

Bo día a todos e a todas!
Imos polo xoves. A verdade é que o tempo pasa voando ...
O noso horario para hoxe é o seguinte:


E as actividades que temos planificadas para hoxe están subidas desde hai uns días.
De castelán as fichas 6 e 7. 



De galego as fichas 1 e 2.


Se as tedes rematadas, aquí hai actividades interactivas para traballar vocabulario en galego, só tedes que clickar nos enlaces.

VOCABULARIO A VIVENDA

VOCABULARIO A ROUPA

AS ÁRBORES


E de matemáticas a seguinte actividade.
Biquiños para todos e para todas.




miércoles, 25 de marzo de 2020

ACTIVIDADES FRANCÉS

O alumnado de francés ten as seguintes actividades. 
Ollo! Tedes moitísimo tempo, polo que non é necesario que vos angustiedes. Facer as cousas aos poucos e sen présa. O que non vos de tempo a facer xa o terminaredes noutro momento. 
Calquera dúbida que teñades ou aclaracións que necesitedes podedes enviarnos unha mensaxe ao correo.


MÉRCORES 25 DE MARZO

Ola nenas e nenos!
Imos polo mércores!
Este é o noso horario para hoxe.


E as actividades planificadas son as seguintes:


Fichas 3-4 e 5 de castelán que están subidas dende hai uns días. Volvo subilas por se non as  atopades. 
FICHA 3




FICHA NÚMERO 4

FICHA 5





Matemáticas:  hoxe mércores tedes que facer as fichas 5 e 6 que tamén as tedes subidas dende hai uns días, pero que as poñemos outra vez .

FICHA 5  MATEMÁTICAS

FICHA 6 MATEMÁTICAS


SOCIAIS: REPASAMOS O TEMA 1

Tedes o resumo do tema en dous formatos por se vos axuda e as actividades de repaso.

Biquiños para todos e para todos!

Botámosvos moitísimo de menos.