lunes, 25 de noviembre de 2019

IMOS AO CINE: FROZEN II


A raíña Elsa, a súa irmá Anna,  Kristoff,  Olaf e Sven embárcanse nunha nova viaxe no profundo do bosque, máis aló da súa terra natal de  Arendelle, para descubrir a verdade sobre un antigo misterio do seu reino. O seu obxectivo principal é descubrir por que Elsa oe voces procedentes do Bosque encantado, onde dnNde hai tempo ninguén pode entrar nin saír. De non logralo o seu reino estaría en perigo.
O Rey  Runeard, fundador e primeiro rei de  Arendelle, establece un tratado coa tribo de  Northuldra mediante a construción dunha presa na terra natal de  Northuldra, o Bosque Encantado. Con todo, prodúcese unha pelexa e  enfurece aos espíritos da terra, o lume, o aire e a auga que habitan no bosque. Os espíritos desaparecen e un muro de néboa encerra a todos no bosque. O fillo de  Runeard, o príncipe  Agnarr, escapa coa axuda dun salvador descoñecido.
Tres anos despois da súa coroación, a Raíña Elsa de  Arendelle celebra o outono no reino coa súa irmá menor, a Princesa Anna,  Olaf, o boneco de neve,  Kristoff, o  recolector de xeo do reino, e Sven, o reno de  Kristoff. Cando Elsa oe unha voz misteriosa que a chama, séguea e, sen querer, esperta aos espíritos elementais, o que obriga a todos no reino a evacualo.  Grand  Pabbie e a colonia  Trolls, conscientes da situación, chegan a  Arendelle e  Pabbie infórmalles que deben arranxar as cousas descubrindo a verdade sobre o pasado do reino.
Elsa, Anna,  Olaf,  Kristoff e Sven embárcanse no Bosque Encantado, seguindo a misteriosa voz. O espírito do vento, en forma de tornado, aparece e varre a todos na súa  vórtice. Elsa deteno disparando chorros de neve, formando un conxunto de esculturas de xeo. Descobren que as esculturas son imaxes do pasado do seu pai e que a súa nai,  Iduna, era unha  Northuldra que salvou a  Agnarr. Atópanse con  Northuldra e unha tropa de soldados  que aínda están en conflito entre si. Aparece o espírito de lume, Elsa descobre que é unha píntega máxica axitada e a calma. Elsa e Anna forman unha tregua entre os soldados e  Northuldra ao explicar que a súa nai era  Northuldran e o seu pai era  Arendellian. Máis tarde, Elsa descobre a existencia dun quinto espírito que unirá ás persoas e a maxia da natureza.











NOTA: MATEMÁTICAS ABN

Estamos a rematar o libro de matemáticas e é hora de afianzar os contidos traballados. O que máis nos custou son as restas con levadas polo que imos traballalo con matemáticas ABN. Por iso, necesitamos o seguinte material (non custará máis de 5€). É o seguinte:

  • Unha bolsa de gomas elásticas pequenas.
  • Unha caixa de escarvadentes planos.
  • Un Tupper de uns 3L.


Moitas grazas pola vosa colaboración.



                                                        

24 N: "Nin unha menos"

Onte, domingo día 24 de novembro de 2019 centos de mulleres e homes saíron á rúa baixo o berro  "Nin unha menos". Un día de conmemoración que atopa os seus inicios no ano 1981 tras o primeiro encontro feminista de Latinoamericana e o Caribe realizado en  Bogotá, onde se definiu o 25 de novembro como o día contra a violencia cara ás mulleres, conmemorando a historia e loita das irmás  Mirabal.
Hoxe, luns día 25 de novembro celebramos o Día contra a violencia no cole.
Todos xuntos bailamos e cantamos a canción de  Rozalén "Vivir" nos corredores da planta baixa.
Dámaris, mestra de infantil, leu unhas palabras concienciándonos desta celebración tan importante, moi bonitas.
Para finalizar o acto regaláronnos dúas bólas de Nadal transparentes. Dentro delas estaban as nosas fotos.
A bóla simboliza  ISÓTITA e as fotografías todo o que temos que traballar para conseguir a igualdade.













20 N: Día Universal do neno e da nena.

O Día Universal do Neno, que se celebra todos os anos o 20 de novembro, é un día dedicado a todos os nenos e nenas do mundo.
É un día de celebración polos avances conseguidos, pero sobre todo é un día para chamar a atención sobre a situación dos nenos máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.   
UNICEF traballa todo o ano para conseguir cambios reais na vida dos nenos e das nenas, e o Día Universal do Neno é un momento clave para sumarnos a este chamamento mundial a favor da infancia e dos nenos máis vulnerables.
Este 2019 coincide co 30 aniversario da Convención sobre os Dereitos do Neno, polo cal é un motivo de dobre celebración para todos.
A Asemblea Xeral da ONU recomendou en 1954 destinar un día para fomentar a fraternidade entre os nenos e as nenas do mundo, e promover o seu benestar con actividades sociais e culturais. 
Nacións Unidas celebra este Día Internacional do Neno en honra á aprobación da Declaración dos Dereitos do Neno en 1959 e á Convención sobre os Dereitos do Neno en 1989, o tratado internacional máis ratificado da historia.










25 DE NOVEMBRO

O vindeiro venres celebraremos no noso cole o Día Internacional Pola Eliminación das Violencias cara ás Mulleres.
A data elixiuse en honra ás irmás  Mirabal,  torturadas e asasinadas o 25 de novembro de 1960 pola ditadura do Xeneral Trujillo en República Dominicana.
Continúase esixindo nas rúas , un cambio nas políticas e un compromiso de toda a sociedade para acabar coas violencias machistas.
Estes días falamos en clase moito deste gran problema co convivimos.
Aquí déixovos unhas fotografías da actividade que estamos a realizar.
Nuns día veredes o produto final.



















miércoles, 20 de noviembre de 2019

CORAIS



PROXECTO PLANTAS

Continuamos co tema das plantas e grazas á vosa colaboración estamos a aprender moitísimas cousas novas.
As sementes que plantamos empezaron a saír pero algunhas se encheron de mofo, así que buscastes información sobre este microorganismo.
O noso compañeiro Víctor trouxo unha planta e puidemos ver moi  cerquiña as  raíces. o talo e as follas.
Mario trouxo froitas da horta do seu avó...
Subirei fotos aos poucos.








martes, 19 de noviembre de 2019

ARRECIFES DE CORAIS

Onte recibimos unha carta de Illa Fantasía e hoxe marteS a limos. Aprendemos moitísimas cousas sobre o mar Así que decidimos que queríamos saber moito máis sobre os peixes, os arrecifes de corais...

Estivemos vendo vídeos dos arrecifes 


miércoles, 13 de noviembre de 2019

Máis Samaín


Este é o nome dunha das actividades que, a proposta do equipo de biblioteca,  realizamos no centro para celebrar o Samaín.

Por titorías e no tempo da hora de ler, apáganse todas as luces e os alumnos e alumnas len relatos terroríficos.