domingo, 21 de octubre de 2018

Aniversarios do mes de outubro










Illa Fantasía.


Os nenos e nenas de primeiro, segundo, terceiro e cuarto imos participar en Illa Fantasía. 
Trátase dun proxecto educativo creado para incentivar a lectura no noso alumnado.
Fai unha semana recibimos unha carta na que nos contaban que “cada vez que un neno ou unha nena aprenda a ler e a escribir un unicornio nacerá na Illa Fantasía e levará para sempre o nome dese neno ou nena”. Temos na nosa aula o mapa da Illa Fantasía.
Ademais ao longo deste curso 2018-19 recibiremos cartas nas que os habitantes de Illa Fantasía nos poñerán retos para converternos en Indios Lakota.
O noso primeiro reto era o seguinte:
A túa clase nunha tribu converterás e un nome lle darás, e ademáis o teu nome indio inventarás con dúas palabras nada máis, o resultado foi ...



APRENDEMOS A DEBUXAR 1

Os venres temos plástica. Estamos aprendendo a debuxar paso a paso, e os resultados están sendo fantásticos. Enhoraboa a todos e a todas.