domingo, 14 de junio de 2020

IMOS REMATANDO

Xa é hora de ir acabando as tarefas. Esta semana non imos programar ningunha actividade, xa que o cansazo está a facer acto de presenza en todos e todas. 
Aproveitar para acabar actividades pendentes, se é que vos queda algo.
Agradecemos a todas as familias o traballo realizado ao longo destes meses. A situación foi complicada para todos. 
Desexámosvos que pasedes un verán estupendo. Vémonos polos corredores á volta.
Biquiños para todos e todas!

ORLA ALUMNADO 2º A

Grazas por todo. 
Foi un auténtico luxo ser vosa mestra durante estes dous anos. Deséxovos o mellor e espero ter un oco nos vosos corazóns igual que o teredes vós no meu corazón.



ILLA FANTASÍA

Temos unha mensaxe desde Isla Fantasía.
VIDEO


domingo, 7 de junio de 2020

PROGRAMACIÓN DO 8 AO 12 DE XUÑO


Programación

CANCIÓN

Os nenos e as nenas de 2º A a estas alturas do curso xa estaríamos aprendendo novas cancións, así que aquí os deixo dúa.
A primeira de Sofía Ellar, espero que vos guste tanto coma a do curso pasado de "Bailando con vaqueros".
A segunda en galego, do grupo Roma, é preciosa.




jueves, 4 de junio de 2020

lunes, 1 de junio de 2020

NOTA INFORMATIVA. REPARTO MATERIAL

Nos seguintes enlaces tedes unha nota informativa sobre o reparto do material que os nenos e nenas teñen na escola. A continuación hai outro enlace cos libros da biblioteca que algúns nenos e nenas de 2º A teñen na casa (proximamente subiremos a listaxe do alumnado de 2º B que teña libros da biblioteca na casa). Os deixaredes nun espazo que se habilitará na entrada do centro.


REPARTO MATERIAL

LISTAXE LIBROS BIBLIOTECA 2ºA

domingo, 31 de mayo de 2020

PROGRAMACIÓN DO 1 AO 5 DE XUÑO

PROGRAMACIÓN

NOVA PROPOSTA DE GÜINO: CONTOS CONFINADOS

Podedes mandarlle a Güino un debuxo sobre o conto que máis vos gustou dos que atoparedes no enlace que hai máis abixo: Debedes acompañalo dunha frase curta con letra grande e clara. Non esquezades poñer o voso nome e curso.
Enviade foto ou escaneado do voso traballo a bibliocouceiro@gmail.com ata o  5 de xuño. Logo poderemos facer e compartir  unha vídeomontaxe cos vosos debuxos. Grazas pola vosa participación!

SEMENTEIRA DE PALABRAS

No seguinte enlace atoparedes o produto final da nosa sementeira de palabras, actividade proposta por Güino polo Día das Letras Galegas. Mirade se o voso de buxo está na presentación.

SEMENTEIRA DE PALABRAS

jueves, 28 de mayo de 2020

PLÁSTICA VENRES 29 DE MAIO






  
Necesitamos tres pétalos que os  podedes pintar como máis vos guste , Tedes que dobrar dous deles e pegalos ao que falta. Por último, os  pegades aos talos.






lunes, 25 de mayo de 2020

RECIBIMOS FOTOS

Antón envíanos varias fotos gozando dunha das súas actividades favoritas, pasar o tempo cun dos seus animais.

Lola envíanos o produto final dun dos retos proposto por  Güino. Icía e Víctor ensínannos como lles quedou a actividade de plástica cuns pratos saudables moi chulos.

Grazas a todos por compartir estas fotos connosco.
Biquiños para todos e todas!






viernes, 22 de mayo de 2020

ADAPTACIÓN PROGRAMACIÓNS

Xa están publicadas na páxina do centro a adaptación das programacións.  Podedes acceder directamente a través do seguinte enlace. COUCEIRO


miércoles, 20 de mayo de 2020

ACTIVIDADE PLÁSTICA LETRAS GALEGAS 2020


Güino ten unha proposta para toda a Comunidade Educativa, para todas as familias e para todo o profesorado:
Cadaquén dende a súa casa, escollerá unha palabra galega especial, pola súa sonoridade, polas lembranzas que nos trae, polo que representa...
Entre tod@s faremos unha SEMENTEIRA DE PALABRAS 

Pautas:

  1. Escolle a palabra galega especial para ti. 
  2. Nun folio horizontal escribe a palabra dentro dun gran xigante, dentro dunha gran semente. Podes darlle cor, pero que se vexa ben a palabra con letras grandes e claras
                                                   
3. Colle outro folio e tamén  en posición apaisada fai un debuxo do que significa para ti esa palabra que queres sementar para que non se perda.
4. Cando teñades os dous folios ben rematados mandades as imaxes, escaneadas ou fotografadas a: elefantescouceiro@gmail.com

Para facer a SEMENTEIRA podedes enviar as vosas producións ata o xoves 21 de maio.  Escribide na parte baixa dos folios o voso nome e curso.

FOTOS

Taballo de plástica de Icía.


Traballo de Hugo.


Traballo de Lola.



Lucas e o seu irmán celebrando  Breamo en casa.



Traballo de Martín.


Noa mándanos unha fotografía co seu novo corte de pelo.  Que maior está!







domingo, 17 de mayo de 2020

PLANIFICACIÓN SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO







ACTIVIDADES INTERACTIVAS MATEMÁTICAS
REPASAMOS NÚMEROS
REPASAMOS NÚMEROS 2

RECIBIMOS FOTOS DALGÚNS COMPAÑEIROS

Esta  semana falei con  Mayra e díxome que  tiña moitísimas ganas de ver a Icía, así que lle dixen que subiría unhas fotos que me enviara uns días antes,  para que puidese ver o que crecera.
Ademais Sofía, Lucas, Lola, Amoná e Martín enviaron algúns traballos de plástica.
Moitas grazas a todos e a todas, encántame vervos.










viernes, 15 de mayo de 2020

PLÁSTICA VENRES 15 DE MAIO

Se non tedes pratos podedes facer a actividade nunha folla.
Se non tedes imaxes de alimentos podedes facelas vós.
Se non tes revistas ou folletos de supermercados, non pasa nada, debuxa os teus alimentos nunha folla, dálles cor, recórtaos e pégaos.

domingo, 10 de mayo de 2020

PROGRAMACIÓN SEMANAL

En primeiro lugar, pedirvos desculpas, xa que atopamos varios erros na programación que subimos a semana pasada, esperamos que non vos complicáramos máis as cousas. 
En segundo lugar, e como sempre vos dicimos, estamos á vosa disposición, tanto no correo couceiroprimeiroesegundo@gmail.com ou a través de Abalar, calquera dúbida que teñades non dubidedes en poñeros en contacto coas titoras.  
Se necesitades falar connosco telefonicamente, podedes  usar o correo ou Abalar e poñerémonos en contacto convosco. Non estamos a subir explicacións porque tamén temos dificultade coa conectividade desde os nosos domicilios, pero podemos resolver calquera dúbida que vos xurda a través dos medios que vos acabamos de enumerar.
Vos deixamos un documento cun resumo por materia e día. Tedes enlaces no mesmo documento a blogs e/ou vídeos.
Moitas grazas pola vosa colaboración.



domingo, 3 de mayo de 2020

PROGRAMACIÓN DO 4 AO 8 DE MAIO


MATEMÁTICAS
  •  Luns 4 de maio: Hoxe repasaremos os números.

  • Martes 5 de maio: Hoxe traballaremos as sumas e restas con levadas. Vos deixamos dous vídeos para que repasedes.




  •  Mércores 6 de maio: É contido novo polo que só veremos os vídeos. Non temos que facer as actividades.





  • Xoves 7 de maio: Resolvemos problemas


CASTELÁN
  • LUNS 4 DE MAIO.  Lemos o texto, vemos o vídeo e facemos as actividades.









  • MÉRCORES 6 DE MAIO. Repaso do curso pasado. Vemos os vídeos e facemos as actividades.





  • XOVES 7 DE MAIO Repaso. Palabras con MB - MP: Vemos o vídeo e facemos as actividades.







GALEGO
  • Martes 5 de maio: Lectura O Raio Veloz, comprensión lectora e aprendo palabras.

     
  • Xoves 7 de maio: Aprendo palabras e escribo ben.

 
  • Venres 8 de maio: Estudo a lingua.

                                                     

SOCIAIS
MARTES 5 DE MAIO: Os medios de comunicación



NATURAIS
LUNS 4 DE MAIO: Produtos naturais e produtos artificiais.