domingo, 31 de marzo de 2019

ANFIBIOS

Os anfibios son animais que teñen a pel húmida e núa (sen pelo, nin escamas nin plumas).
Nacen de ovos e cambian moito ao longo do seu crecemento.
Cando son crías viven na auga e cando se fan adultas viven entre a terra e a auga.






OS PEIXES

Esta semana estudaremos os peixes.
Estes animais teñen o corpo cuberto de  escamas. Grazas ás súas aletas poden nadar.
Son animais  ovíparos.
Poden vivir en auga doce ou salgada.

No seguinte vídeo atoparedes información interesante sobre estes seres vivos que viven na auga.




Se picades na imaxe poderedes atopar máis información.








Saída Vilalba

O pasado venres día 29 de marzo o alumnado de primeiro e segundo realizamos unha saída ao  concello de Vilalba na provincia de Lugo.
En primeiro lugar, chegamos a unha granxa de leite,  chamounos a atención o forte cheiro a bosta de vaca. Tiñan máis de 150 vacas leiteiras que eran  ordeñadas 3 veces ao día, este traballo realízano dúas máquinas  moi modernas. As vacas colócanse en fila para entrar na  ordeñadora, son identificadas por esta grazas a un chip. A  ordeñadora sabe que vaca é, cantas veces foi  ordeñada, que cantidade de leite  extraéuselle  , que cantidade de penso comeu... Esta máquina funciona vinte e catro horas ao día os 365 días do ano. Aquí deixámosvos uns vídeos para lembrar o que alí vimos.









Despois de realizar unha pequena parada na praia fluvial para repoñer forzas coa nosa merenda dirixímonos ao polígono industrial para visitar a  queixería de prendes. Alí comprobamos o que se pode facer co leite e ademais puidemos probar algunhas das variedades que elaboran nesta empresa familiar.





lunes, 25 de marzo de 2019

AS AVES

Nestas próximas semanas aprenderemos novas cousas sobre as aves.



Son animais  ovíparos porque nacen de ovos.  Os ovos poden ser grandes ou pequenos, brancos ou doutras cores.
No seguinte ligazón atoparedes máis información sobre os ovos.
OVOS


O seu corpo está cuberto de plumas. Algunhas plumas son anchas e outras estreitas, algunhas son duras e outras suaves e delicadas pero todas protexes as aves.

Teñen dúas ás que lles permiten voar, aínda que hai algunha ave que non voa. Coñecedes algunha que non voe?


A súa boca chámase PETEIRO. Algúns peteiros son longos e outros curtos, algúns son rectos e outros curvados... pero todas as aves os utilizan para comer.