jueves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

Hoxe 23 de abril celebramos o Día do Libro, sabedes cal é o motivo que xustifica que se celebre este día?  No seguinte vídeo explícanvos os motivos.
Ademais subímosvos un curto que ten por obxectivo fomentar a lectura.





miércoles, 22 de abril de 2020

ERRO NO CORREO DO RETO DÍA LIBRO

Bo día , familias:
Parece que houbo un erro no correo que vos deixamos para enviar as vosas imaxes co reto que o noso amigo Güino nos propuxo polo Día do Libro.
O correo correcto é o seguinte:
bibliocouceiro@gmail.com
Atoparedes máis información no blog da biblioteca se clicades na imaxe



lunes, 20 de abril de 2020

domingo, 19 de abril de 2020

TRABALLO DO 20 AO 30 DE ABRIL

As dúas próximas semanas remataremos os libros que temos na casa. Para que poidades organizarvos atoparedes unha táboa coas actividades para cada día e algunha actividade complementaria. Se presionades as ligazóns accederedes a actividades interactivas. 
Como sempre recordade que non son propostas, e polo tanto, non son actividades obrigatorias, se non queredes que os nenos e nenas as fagan non estades obrigados.
Saúdos


PLANIFICACIÓN SEMANA DO 20  AO 24 DE ABRIL E DO 27 AO 30 DE ABRIL



ACTIVIDADES DE REFORZO, AMPLIACIÓN E AVALIACIÓN DE MATEMÁTICAS

 

ACTIVIDADES AVALIACIÓN CASTELÁN





ACTIVIDADE SOBRE PLANOS E MAPAS








SISTEMA CIRCULATORIO



VÍDEO: MAN EN 3D


Encantaríanos que nos enviásedes unha fotografía vosa o un vídeo mentres facedes esta actividade. Queremos facer un vídeo para compartir .





RETO DÍA DO LIBRO #euquedonacasalendo

Desde a biblioteca propóñennos un reto para o día do libro que celebraremos o próximo día 23 de abril, animámosvos a participar xa que a todos viríannos ben vernos, aínda que fose a través dunha fotografía. No blogue da biblioteca atoparedes máis información. Podedes acceder a este  clickando na seguinte imaxe.
O obxectivo é facer un momento especial do noso tempo de lectura. Ímonos fotografar e enviar a foto para que Güino faga a videomontaxe #euquedonacasalendo ao correo de Güino que é:  bibliocouceiro@edu.xunta.es


Como todos sabedes, abril é o Mes do Libro. Comeza co Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, o día 2, o remata o 23 co Día Internacional do Libro. No blogue da biblioteca atoparedes algúns vídeos interesantes. Se clickades na imaxe iredes directamente á entrada que hai no blogue da nosa biblioteca




jueves, 16 de abril de 2020

ACTIVIDADES VENRES 17 DE ABRIL DE 2020

Estimadas familias:
En coordinación coa dirección do centro estamos a traballar na procura de novas opcións que faciliten o traballo dos nosos alumnos e alumnas desde casa, esperamos darvos noticias pronto.
Mentres buscamos novas opcións para dar resposta á diversidade de situacións que estades a vivir deixámosvos algunhas actividades de repaso.
A todos os que nos escribides comentarios ou enviades mensaxes, darvos as grazas polas vosas palabras.
Pedirvos desculpas porque a calidade das imaxes das actividades non son moi boas, subímosvos as mesmas actividades en dous formatos diferentes para que seleccionedes  o formato que mellor se visualice.
Son moitas actividades para un día pero temos nenos e nenas con diversidade de ritmos de traballo, así que facer en función das posibilidades dos vosos fillos e fillas.
Moito ánimo e como sempre biquiños para todos e todas.

GALEGO






MATEMÁTICAS

Se non tedes acceso a Internet desde un computador e/ou impresora ou nos apetece copiar as operacións no caderno podedes poñerlles unhas operacións de sumas e restas con levadas.









IDEAS PLÁSTICA

REPASO NUMERACIÓN MATEMÁTICAS

Os alumnos que teñan caderno en casa poden contestar as preguntas no seu caderno de sociais e naturais e os  alumnos que non teñan poden realizar a comprensión nunha folla ou mercar un caderno para realizar  todas as actividades. Calquera opción é válida

COMPRENSIÓN LECTORA

É importante realizar unha primeira lectura en voz alta.
Para realizar a comprensión leremos unha segunda vez máis amodo para contestar as preguntas.
Os alumnos que teñan caderno en casa poden contestar as preguntas no seu caderno de lingua e os 
alumnos que non teñan poden realizar a comprensión nunha folla ou mercar un caderno para realizar 
todas as actividades. Calquera opción é válida


ACLARACIÓNS


O Ministerio de Educación e Formación Profesional ( MEFP) acordou onte, 15 de abril de 2020, coas Comunidades Autónomas que se manterá a actividade educativa durante o terceiro trimestre, de momento a distancia, en función das restricións sanitarias, e que o curso non se prolongará máis aló do mes de xuño. Durante o período estival as administracións organizarán ou apoiarán a realización de actividades de reforzo voluntarias.
MEFP e as CCAA acordaron (...) a avaliación será continua, a promoción de curso será a norma xeral (...) . Decisión que, en todo caso, será tomada polo claustro de profesores no seu conxunto.
Este terceiro trimestre aproveitarase para a recuperación, o repaso e o reforzo con actividades  globalizadoras e interdisciplinares e debidamente  titorizadas. A actividade centrarase nas aprendizaxes e competencias imprescindibles evitando  sobrecargar ao alumnado.
Unha vez finalizado o curso, durante o verán, as administracións organizarán ou apoiarán a realización de actividades de reforzo voluntarias combinadas con actividades lúdicas, contando co concurso do voluntariado e en contacto cos centros educativos e os seus docentes.
De cara ao próximo curso, o  MEFP e as CCAA acordaron que as Administracións educativas, os centros e o profesorado organizarán plans de recuperación e adaptación do currículo e das actividades educativas, que permitan avanzar a todo o alumnado e especialmente aos máis atrasados. Atoparedes máis información no seguinte enderezo: REUNIÓN MEFP Y CCAA
De todo o exposto concluímos:
  1. Non podemos avanzar contidos, polo que non ten sentido repartir os libros do terceiro trimestre, como nos suxería algunha familia. En todo caso, poderemos retomar estes, se nos incorporaramos ás aulas antes do fin de curso ou no primeiro trimestre do vindeiro.
  2. Despois da reunión co Ministerio estamos a esperar as instrucións da Consellería de Educación, que previsiblemente irán na mesma liña do que vos comentamos.
Pedirvos desculpas porque entendéramos que o concello levaría a casa fotocopias a quen non tivésedes impresora e/ou Internet. Só levarán fotocopias  coas capturas de pantalla a aqueles que non teñan acceso a Internet. Polo que subiremos actividades sinxelas ao blogue, que non son obrigatorias. É dicir, que o que non as queira realizar está en todo o seu dereito. No caso de que a actividade proposta xire ao redor dun vídeo poderedes planificar outra actividade se non tedes acceso a Internet e o estades a consultar a través do voso teléfono. Para nós está a ser moi difícil planificar actividades tendo en conta a gran diversidade de situacións persoais dos nosos alumnos e alumnas, polo que vos pedimos a vosa comprensión. Nós tamén estamos confinadas, estamos a traballar desde casa, temos fillos... A situación é complicada para todos e desde logo non queremos amolar a ninguén. Repetimos que o que subimos son propostas, non estades obrigados a facelas e en todo momento facilitámosvos un correo para que nos fagades chegar as vosas suxerencias.
Mandámosvos moito ánimo para todos e todas.
Un forte abrazo para os máis pequenos e pequenas da casa

Biquiños para todos e para todas.