domingo, 13 de octubre de 2019

Benvid@s Piratas!

Xa estamos de volta e todo está preparado para a vosa chegada.
Aproveitando a temática de Isla fantasía para este curso 2019-20 faremos un achegamento ao mundo dos piratas e as sirenas.


lunes, 17 de junio de 2019

II Concurso de castelos de area e xogos populares


O pasado luns, 17 de xuño de 2019 fomos a Cabanas. Esta mañá tan divertida empezou cunha xornada de xogos populares.
Despois de tomar a nosa  parva, quitamos os tenis, collemos os nosos cubos e pas e dividímonos en grupos de distintas idades.
Tamén nos acompañáron algúns usuarios de centro de maiores de Abanca.
Ao final, e despois dunha rifada votación, proclamáronse os tres vencedores.
Aquí deixo un vídeo resumen desta  actividade.










viernes, 7 de junio de 2019

Illa fantasía





EXCURSIÓN FIN DE CURSO: CASA DO QUEIXO

O xoves, 6 de xuño de 2019 cun día de choiva fumos de excursión a Sobrado dos Monxes. Alí pasmos o día na Caixa do queixo de Grixalba.  Fixen un vídeo pero pesa moito e terei que subilo máis adiante. Deixo algunhas fotografías.
















jueves, 23 de mayo de 2019

MATERIAIS NATURAIS E ARTIFICIAIS

Os obxectos están fabricados con diferentes MATERIAIS.
  • MATERIAIS NATURAIS: son os que atopamos na natureza. Algúns obtémolos dos ANIMAIS e outros das PLANTAS.
  • MATERIAIS ARTIFICIAIS: son materiais que se crean transformando materiais naturais.


COMO PODEN SER OS MATERIAIS? 
Os materiais poden ser brandos ou duros, transparentes, impermeables, lisos ou rugosos.

No seguinte vídeo podedes ampliar esta información.



domingo, 12 de mayo de 2019

AS PLANTAS

As plantas son seres vivos que producen o seu propio alimento mediante o proceso da  fotosíntesis. Elas captan a enerxía da luz do sol a través da  clorofila e converten o dióxido de carbono e a auga en azucres que utilizan como fonte de enerxía.
Partes dunha planta:
  • Raíz: a súa función é fixar á planta. Mediante ela as plantas obteñen nutrientes do chan.
  • Talo: é o que lle dá soporte á planta; algúns talos son delgados e flexibles, outros, como os das árbores, son  leñosos e duros.
  • Folla: é a estrutura onde se realiza a  fotosíntesis e a respiración.
  • Flor: é o órgano reprodutor. No seu interior posúe todos os órganos que necesita para fabricar o froito e a semente.







miércoles, 1 de mayo de 2019

MAIOS

Todos os pobos sentiron ao longo da súa historia gran admiración polo renacer cíclico do mundo vexetal, así como polo final do inverno e o comezo do verán, do bo tempo. Neste aspecto, como noutros moitos, Galicia non foi un caso illado; ata ben entrado este século, en moitas das súas comarcas celébranse unha serie de manifestacións folclóricas, agrarias ou/e lúdicas, co único fin de festexar tan importante efeméride anual.

E dunha delas, quizais a máis fermosa, pois conta como principais protagonistas aos nenos e ás flores, é a celebración do maio. O martes 30 de maio no cole preparamos o noso maio coa axuda das familias. Aquí vos deixamos un pequeno resumo desta xornada.