lunes, 25 de noviembre de 2019

20 N: Día Universal do neno e da nena.

O Día Universal do Neno, que se celebra todos os anos o 20 de novembro, é un día dedicado a todos os nenos e nenas do mundo.
É un día de celebración polos avances conseguidos, pero sobre todo é un día para chamar a atención sobre a situación dos nenos máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.   
UNICEF traballa todo o ano para conseguir cambios reais na vida dos nenos e das nenas, e o Día Universal do Neno é un momento clave para sumarnos a este chamamento mundial a favor da infancia e dos nenos máis vulnerables.
Este 2019 coincide co 30 aniversario da Convención sobre os Dereitos do Neno, polo cal é un motivo de dobre celebración para todos.
A Asemblea Xeral da ONU recomendou en 1954 destinar un día para fomentar a fraternidade entre os nenos e as nenas do mundo, e promover o seu benestar con actividades sociais e culturais. 
Nacións Unidas celebra este Día Internacional do Neno en honra á aprobación da Declaración dos Dereitos do Neno en 1959 e á Convención sobre os Dereitos do Neno en 1989, o tratado internacional máis ratificado da historia.










25 DE NOVEMBRO

O vindeiro venres celebraremos no noso cole o Día Internacional Pola Eliminación das Violencias cara ás Mulleres.
A data elixiuse en honra ás irmás  Mirabal,  torturadas e asasinadas o 25 de novembro de 1960 pola ditadura do Xeneral Trujillo en República Dominicana.
Continúase esixindo nas rúas , un cambio nas políticas e un compromiso de toda a sociedade para acabar coas violencias machistas.
Estes días falamos en clase moito deste gran problema co convivimos.
Aquí déixovos unhas fotografías da actividade que estamos a realizar.
Nuns día veredes o produto final.



















miércoles, 20 de noviembre de 2019

CORAIS



PROXECTO PLANTAS

Continuamos co tema das plantas e grazas á vosa colaboración estamos a aprender moitísimas cousas novas.
As sementes que plantamos empezaron a saír pero algunhas se encheron de mofo, así que buscastes información sobre este microorganismo.
O noso compañeiro Víctor trouxo unha planta e puidemos ver moi  cerquiña as  raíces. o talo e as follas.
Mario trouxo froitas da horta do seu avó...
Subirei fotos aos poucos.








martes, 19 de noviembre de 2019

ARRECIFES DE CORAIS

Onte recibimos unha carta de Illa Fantasía e hoxe marteS a limos. Aprendemos moitísimas cousas sobre o mar Así que decidimos que queríamos saber moito máis sobre os peixes, os arrecifes de corais...

Estivemos vendo vídeos dos arrecifes 


miércoles, 13 de noviembre de 2019

Máis Samaín


Este é o nome dunha das actividades que, a proposta do equipo de biblioteca,  realizamos no centro para celebrar o Samaín.

Por titorías e no tempo da hora de ler, apáganse todas as luces e os alumnos e alumnas len relatos terroríficos.