martes, 24 de marzo de 2020

NOTICIAS

Está chegando información ao correo dos vosos compañeiros e compañeiras. Algúns de vós estades compartindo imaxes e vídeos e os irei subindo pouquiño a pouco para que vos vexades xa que ás veces a velocidade da Wifi é un desastre. A min encantóume veros e saber de vós.
Biquiños a todos e a todas.
Aquí Amoná que non para...










Antón


MARTES 24 DE MARZO TAREFAS GALEGO E NATURAIS

Bo día:
Lembrade que as actividades son orientativas.

TEMA 1 NATURAIS.
Atoparedes o seguinte:

  1. O  repaso do tema nun vídeo e en PDF para que usedes o formato que máis vos guste (é a mesma información).
  2. As actividades de repaso.
  3. Un vídeo.








TEMA 1. GALEGO
As actividades están na presentación.





Subimos as fichas en formato JPG por se é mellor para imprimilas. Recordade que se non tedes impresoras pódese copiar nas libretas ou nunha folla.










MARTES 24 DE MARZO

Bo día a todos e a todas:
Hoxe temos planificadas algunhas tarefas. Podedes empezar coas fichas 3 e 4 de matemáticas que subimos fai uns días.
Ao longo da mañá subiremos actividades de galego e naturais, así que estade atentos e atentas!
Esta é a nosa programación para o día de hoxe.
Mañá intentaremos subir a planificación máis cedo. Estamos traballando moito,  pero elaborar todo este material estanos levando máis tempo do que pensabamos pero pensamos que dende mañá xa estaremos ao día. 
Desculpade as molestias.
Biquiños para todos e para todas!




RETO EDUCACIÓN FÍSICA

Bo día nenos e nenas!
O profe Javi vos propón un reto que deberedes realizar baixo a supervisión dun adulto. Para xustificar a realización do mesmo poderedes enviar unha ou varias fotografías ao correo das titoras ao longo desta semana, lembrade que é     couceiroprimeiroesegundo@gmail.com 
O reto consiste en ...
FACER IOGA NA CASA. 
Para elo seguiredes este vídeo que dura uns seis minutos e vos facedes unha foto. 



Biquiños para todos e para todas!

MÚSICA

Ola nenos e nenas!
A profe Cristina a nosa especialista en Educación Musical ten colgadas varias actividades para vós no seu blog, o enlace é o seguinte.

ACTIVIDADES MÚSICA 2º

Biquiños para todos e para todas.

lunes, 23 de marzo de 2020

PROPOSTA DE PLAN DE TRABALLO






REPASO TEMA 1 LENGUA CASTELLANA

REPASAMOS?
Ben sabemos que cada un dos vosos fillos e fillas teñen o seu propio ritmo por iso una vez máis vos dicimos que se non son capaces de facer todas as actividades aquí propostas non pasa nada!. Ninguén mellor ca vós para saber o que lle podedes esixir a cada neno ou nena. Polo tanto, non vos sintades presionados. Son actividades orientativas. Todas elas feitas na aula e explicadas previamente.
En breve vos iremos subindo actividades doutras áreas.
Moitos biquiños.









FICHA 1
ACLARACIÓNS FICHA 1: NO EXERCICIO 2 TEDES QUE FACER UN DEBUXO NO RECADRO EN BRANCO E ESCRIBIR O NOME DOS TEUS AVÓS E AVOAS NA PAUTA (LEMBRADE QUE OS NOMES DE PERSOAS ESCRÍBENSE CON MAIÚSCULA)


FICHA 2



FICHA 3


FICHA 4


ACLARACIÓNS FICHA 5: SE NON SABEDES OS APELIDOS DE 5 COMPAÑEIROS OU COMPAÑEIRAS POÑEDE MENOS.
FICHA 5


FICHA 6


FICHA 7



A CONTINUACIÓN TEDES AS MESMAS FICHAS PERO NOUTRO FORMATO POR SE VOS RESULTASE MÁIS CÓMODO. LEMBRADE QUE SON AS MESMAS.