domingo, 31 de mayo de 2020
NOVA PROPOSTA DE GÜINO: CONTOS CONFINADOS
Podedes mandarlle a Güino un debuxo sobre o conto que máis vos gustou dos que atoparedes no enlace que hai máis abixo: Debedes acompañalo dunha frase curta con letra grande e clara. Non esquezades poñer o voso nome e curso.
Enviade foto ou escaneado do voso traballo a bibliocouceiro@gmail.com ata o 5 de xuño. Logo poderemos facer e compartir unha vídeomontaxe cos vosos debuxos. Grazas pola vosa participación!
SEMENTEIRA DE PALABRAS
No seguinte enlace atoparedes o produto final da nosa sementeira de palabras, actividade proposta por Güino polo Día das Letras Galegas. Mirade se o voso de buxo está na presentación.
SEMENTEIRA DE PALABRAS
SEMENTEIRA DE PALABRAS
jueves, 28 de mayo de 2020
PLÁSTICA VENRES 29 DE MAIO
Necesitamos tres pétalos que os podedes pintar como máis vos guste , Tedes que dobrar dous deles e pegalos ao que falta. Por último, os pegades aos talos.
lunes, 25 de mayo de 2020
RECIBIMOS FOTOS
Antón envíanos varias fotos gozando dunha das súas actividades favoritas, pasar o tempo cun dos seus animais.
Lola envíanos o produto final dun dos retos proposto por Güino. Icía e Víctor ensínannos como lles quedou a actividade de plástica cuns pratos saudables moi chulos.
Grazas a todos por compartir estas fotos connosco.
Biquiños para todos e todas!
domingo, 24 de mayo de 2020
viernes, 22 de mayo de 2020
ADAPTACIÓN PROGRAMACIÓNS
Xa están publicadas na páxina do centro a adaptación das programacións. Podedes acceder directamente a través do seguinte enlace. COUCEIRO
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










