Os nenos e nenas de primeiro,
segundo, terceiro e cuarto imos participar en Illa Fantasía.
Trátase dun
proxecto educativo creado para incentivar a lectura no noso alumnado.
Fai unha semana recibimos unha
carta na que nos contaban que “cada vez que un neno ou unha nena aprenda a ler
e a escribir un unicornio nacerá na Illa Fantasía e levará para sempre o nome
dese neno ou nena”. Temos na nosa aula o mapa da Illa Fantasía.
Ademais ao longo deste curso
2018-19 recibiremos cartas nas que os habitantes de Illa Fantasía nos poñerán
retos para converternos en Indios Lakota.
O noso primeiro reto era o
seguinte:
A túa clase nunha tribu converterás
e un nome lle darás, e ademáis o teu nome indio inventarás con dúas palabras
nada máis, o resultado foi ...
Moi boa idea!!! Espero que OS nen@s disfruten moito con ese proxecto
ResponderEliminarQue ben! Normal q vaian encantados ao cole!!
ResponderEliminar