O pasado venres día 29 de marzo o alumnado de primeiro e segundo realizamos unha saída ao concello de Vilalba na provincia de Lugo.
En primeiro lugar, chegamos a unha granxa de leite, chamounos a atención o forte cheiro a bosta de vaca. Tiñan máis de 150 vacas leiteiras que eran ordeñadas 3 veces ao día, este traballo realízano dúas máquinas moi modernas. As vacas colócanse en fila para entrar na ordeñadora, son identificadas por esta grazas a un chip. A ordeñadora sabe que vaca é, cantas veces foi ordeñada, que cantidade de leite extraéuselle , que cantidade de penso comeu... Esta máquina funciona vinte e catro horas ao día os 365 días do ano. Aquí deixámosvos uns vídeos para lembrar o que alí vimos.
Despois de realizar unha pequena parada na praia fluvial para repoñer forzas coa nosa merenda dirixímonos ao polígono industrial para visitar a queixería de prendes. Alí comprobamos o que se pode facer co leite e ademais puidemos probar algunhas das variedades que elaboran nesta empresa familiar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario