miércoles, 11 de diciembre de 2019
VISITA SORPRESA!
No fondo do mar de Illa Fantasía, a máis de 300 leguas baixo o mar, onde todo é escuridade, unha xigantesca cúpula de cristal aluminada, enche de luz o fondo mariño coma unha grande lúa chea. No seu interior : ISÓTITA, territorio de Illa Fantasía oculto no fondo mariño.
Conta o Grande libro da illa, que houbo un tempo onde todos os territorios foron invadidos por unha tribo de bárbaros que tiñan poderes para enmudecer ás mulleres,facían traballar aos nenos e nenas nas minas, escondía en furnas profundas aos enfermos e obrigaban a tódolos habitantes a vestir iguais, con uniformes grises, levando ocultos o pelo e a cara .
Derrubaron as escolas e prohibiron ás mulleres aprender a ler e a escribir, queimaban os libros, e perseguían a todo o que falaba na rúa ou escribía ou lía en público.
Eran violentos, non respectaban nada, e abicábanse a cortar árbores para construír muros e erguer valados ao redor das súas casas.
Todo o chimpaban ao mar : animais enfermos, gasas, roupa vella, ferros, cravos….Ata que a marea tornouse negra….
Hoxe recibimos a visita da capitá , a pirata Mariana, tamén coñecida como a Meiga do mar ou a Dama Gris. Deixou o seu galeón o “Stella Maris” na praia de Sopazos aínda que non se pode ver porque está cuberto por unha tea que o fai invisible.
Traía con ela unha esfera de cristal que tiña dentro un raio reflectindo unha luz branca se poñías as túas mans enriba.
Era unha burbulla , que semellaba a cúpula de cristal onde habitan os descendentes daquelas persoas salvadas por Mariana.
Esa burbulla representaba Isótita. Un territorio onde o respecto, a liberdade e o amor por tódalas persoas e seres vivos é a lei máis prezada. Unha sociedade que convive en paz e en igualdade,
Este valor: a igualdade, é o significado da palabra grega ISÓTITA, nome deste territorio da illa ,no fondo do mar.
E FOMOS AO CINEMA!
O pasado luns día 9 de decembro fomos ao cinema. Unha caravana de autobuses saíu do noso cole en dirección a Narón.
Cando chegamos ao centro comercial as persoas que alí estaban quedaron sorprendidas ao ver tantos nenos e nenas.
Encantounos a película: bo argumento, boa banda sonora, boa imaxe...
Despois merendamos e xogamos un pouco no parque. Revolucionamos o centro comercial.


jueves, 5 de diciembre de 2019
PANXOLIÑA PIRATA
Uns piratas con pata de pau
buscan a illa, buscan un tesouro,
ten grumetes cos seus máis belos soños
Terra á vista, berra un papagaio belo.
As ondas fúndense cunhas belas BALEAS
e nas augas DO EUME reflíctense as estrelas (bis)
Estenden o seu mapa, seguen unha estrela,
o capitán manda que icen as velas.
o temón dá voltas, o compás espera,
dende o catalexo divisan a Terra.
As ondas fúndense cunhas belas BALEAS
e nas augas DO EUME reflíctense as estrelas (bis)
Ancoran na illa, baixan os piratas,
descobren pegadas, chegan a unha cova.
O neno bonito, co seu garfio xoga,
eles prométenlle paz e vida nova.
As ondas fúndense cunhas belas BALEAS
e nas augas DO EUME reflíctense as estrelas (bis)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)