miércoles, 20 de mayo de 2020

ACTIVIDADE PLÁSTICA LETRAS GALEGAS 2020


Güino ten unha proposta para toda a Comunidade Educativa, para todas as familias e para todo o profesorado:
Cadaquén dende a súa casa, escollerá unha palabra galega especial, pola súa sonoridade, polas lembranzas que nos trae, polo que representa...
Entre tod@s faremos unha SEMENTEIRA DE PALABRAS 

Pautas:

  1. Escolle a palabra galega especial para ti. 
  2. Nun folio horizontal escribe a palabra dentro dun gran xigante, dentro dunha gran semente. Podes darlle cor, pero que se vexa ben a palabra con letras grandes e claras
                                                   
3. Colle outro folio e tamén  en posición apaisada fai un debuxo do que significa para ti esa palabra que queres sementar para que non se perda.
4. Cando teñades os dous folios ben rematados mandades as imaxes, escaneadas ou fotografadas a: elefantescouceiro@gmail.com

Para facer a SEMENTEIRA podedes enviar as vosas producións ata o xoves 21 de maio.  Escribide na parte baixa dos folios o voso nome e curso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario