martes, 28 de enero de 2020

ENTROIDO 2020

Este curso o tema elixido no centro  dentro do PDI para o Entroido é "Contos pola igualdade".
O alumnado de Segundo curso está a traballar o libro de "Guapa", conto que os nenos e nenas de 2ºA representarán no mes de marzo nunha adaptación ao galego.
Guapa é unha historia sobre a presión que exerce a sociedade para cambiar a nosa aparencia co fin de inculcarnos un ideal de beleza. É imposible gustarlle a todo o mundo,  o importante e valorar as persoas polo seu interior e saber que a beleza é algo efímero e subxectivo. Por iso, escollimos a personaxe máis salientable do conto, A Bruxa.



A continuación deixámosvos algunhas orientacións por se vos resultase de interese.
BRUXAS : falda de tul , medias negras, camiseta negra e gorro de bruxa. 
BRUXOS: Camiseta e pantalón negro, túnica e gorro.




























No hay comentarios:

Publicar un comentario