jueves, 16 de abril de 2020

ACLARACIÓNS


O Ministerio de Educación e Formación Profesional ( MEFP) acordou onte, 15 de abril de 2020, coas Comunidades Autónomas que se manterá a actividade educativa durante o terceiro trimestre, de momento a distancia, en función das restricións sanitarias, e que o curso non se prolongará máis aló do mes de xuño. Durante o período estival as administracións organizarán ou apoiarán a realización de actividades de reforzo voluntarias.
MEFP e as CCAA acordaron (...) a avaliación será continua, a promoción de curso será a norma xeral (...) . Decisión que, en todo caso, será tomada polo claustro de profesores no seu conxunto.
Este terceiro trimestre aproveitarase para a recuperación, o repaso e o reforzo con actividades  globalizadoras e interdisciplinares e debidamente  titorizadas. A actividade centrarase nas aprendizaxes e competencias imprescindibles evitando  sobrecargar ao alumnado.
Unha vez finalizado o curso, durante o verán, as administracións organizarán ou apoiarán a realización de actividades de reforzo voluntarias combinadas con actividades lúdicas, contando co concurso do voluntariado e en contacto cos centros educativos e os seus docentes.
De cara ao próximo curso, o  MEFP e as CCAA acordaron que as Administracións educativas, os centros e o profesorado organizarán plans de recuperación e adaptación do currículo e das actividades educativas, que permitan avanzar a todo o alumnado e especialmente aos máis atrasados. Atoparedes máis información no seguinte enderezo: REUNIÓN MEFP Y CCAA
De todo o exposto concluímos:
  1. Non podemos avanzar contidos, polo que non ten sentido repartir os libros do terceiro trimestre, como nos suxería algunha familia. En todo caso, poderemos retomar estes, se nos incorporaramos ás aulas antes do fin de curso ou no primeiro trimestre do vindeiro.
  2. Despois da reunión co Ministerio estamos a esperar as instrucións da Consellería de Educación, que previsiblemente irán na mesma liña do que vos comentamos.
Pedirvos desculpas porque entendéramos que o concello levaría a casa fotocopias a quen non tivésedes impresora e/ou Internet. Só levarán fotocopias  coas capturas de pantalla a aqueles que non teñan acceso a Internet. Polo que subiremos actividades sinxelas ao blogue, que non son obrigatorias. É dicir, que o que non as queira realizar está en todo o seu dereito. No caso de que a actividade proposta xire ao redor dun vídeo poderedes planificar outra actividade se non tedes acceso a Internet e o estades a consultar a través do voso teléfono. Para nós está a ser moi difícil planificar actividades tendo en conta a gran diversidade de situacións persoais dos nosos alumnos e alumnas, polo que vos pedimos a vosa comprensión. Nós tamén estamos confinadas, estamos a traballar desde casa, temos fillos... A situación é complicada para todos e desde logo non queremos amolar a ninguén. Repetimos que o que subimos son propostas, non estades obrigados a facelas e en todo momento facilitámosvos un correo para que nos fagades chegar as vosas suxerencias.
Mandámosvos moito ánimo para todos e todas.
Un forte abrazo para os máis pequenos e pequenas da casa

Biquiños para todos e para todas.

9 comentarios:

  1. Gracias por la aclaración. Esta semana, vais a publicar actividades para hacer? Se agradece vuestro trabajo. Saludos.

    ResponderEliminar
  2. Gracias polo voso traballo . A situación e difícil para o alumnado e o profesorado así coma para os pais . Comprendemos os acertos e os erros que se poidan haber cometido. Moito ánimo e repito , gracias polo voso traballo.

    ResponderEliminar
  3. Muchísimas gracias por vuestro trabajo increíble y admirable. Me parece perfecto lo que hacéis y no tengo ninguna objeción al respecto. El curso no ha acabado y a algunos nos gustaría seguir con el proceso de enseñanza-aprendizaje de nuestros hijos mientras la situación y la salud nos lo permita.
    Un abrazo muy fuerte y sobre todo mucho ánimo!!!

    ResponderEliminar
  4. Nosotros seguiremos las pautas publicadas en el blog. No tenemos impresora, pero como bien explican, perfectamente las respuestas iran en hojas blancas. Muchas gracias por vuestro trabajo. Juntos saldremos de esto.

    ResponderEliminar
  5. Muchas gracias por el esfuerzo creo que intentaremos como padres y el tiempo libre que tenemos los que lo tenemos poder intentar seguir ayudando a nuestros hijos a mejorar poco a poco mejor o peor pero un poco creo que mal no les hace muchas gracias por el esfuerzo puesto en vuestro trabajo y en y en nuestros hijos que todo esto pase y pronto
    Personalmente puedo decir que nunca tanto valoraremos los padres el esfuerzo y el trabajo de los profesores como en estos momentos y en nuestro caso puedo decir qué es muy bueno todo esto para aprender a conocer bien a nuestros hijos en los ámbitos escolares
    y por supuesto quiero decir que vuestros alumnos cada día os echa más de menos tienen ganas de volver al cole y no quieren perder a sus profes un besito muy grande y mucho ánimo para todos profesores y demás gracias por vuestro trabajo para nosotros está muy bien hecho gracias

    ResponderEliminar
  6. De Sandra y Emilio padres de Mario Cavana a su profesora Alejandra Villar 2- A un beso enorme

    ResponderEliminar
  7. Os agradecemos enormemente todo vuestro esfuerzo y trabajo,gracias por todo.un beso Carla

    ResponderEliminar
  8. Grazas polo voso esforzo,ben vos comprendo.
    Non deixedes de traballar. Vos necesitamos.
    Bicos

    ResponderEliminar
  9. Estamos ante unha situación extraordinaria, nos intentamos seguir toda las pautas e actividades do blog. Agradecervos o vosotros traballo e interese por estes nenos, que xa botan de menos volver a rutina diaria e poder ver de novo os profesores e compañeiros. Unha aperta a todos e esperamos volver a vernos pronto

    ResponderEliminar