domingo, 31 de mayo de 2020
NOVA PROPOSTA DE GÜINO: CONTOS CONFINADOS
Podedes mandarlle a Güino un debuxo sobre o conto que máis vos gustou dos que atoparedes no enlace que hai máis abixo: Debedes acompañalo dunha frase curta con letra grande e clara. Non esquezades poñer o voso nome e curso.
Enviade foto ou escaneado do voso traballo a bibliocouceiro@gmail.com ata o 5 de xuño. Logo poderemos facer e compartir unha vídeomontaxe cos vosos debuxos. Grazas pola vosa participación!
SEMENTEIRA DE PALABRAS
No seguinte enlace atoparedes o produto final da nosa sementeira de palabras, actividade proposta por Güino polo Día das Letras Galegas. Mirade se o voso de buxo está na presentación.
SEMENTEIRA DE PALABRAS
SEMENTEIRA DE PALABRAS
jueves, 28 de mayo de 2020
PLÁSTICA VENRES 29 DE MAIO
Necesitamos tres pétalos que os podedes pintar como máis vos guste , Tedes que dobrar dous deles e pegalos ao que falta. Por último, os pegades aos talos.
lunes, 25 de mayo de 2020
RECIBIMOS FOTOS
Antón envíanos varias fotos gozando dunha das súas actividades favoritas, pasar o tempo cun dos seus animais.
Lola envíanos o produto final dun dos retos proposto por Güino. Icía e Víctor ensínannos como lles quedou a actividade de plástica cuns pratos saudables moi chulos.
Grazas a todos por compartir estas fotos connosco.
Biquiños para todos e todas!
domingo, 24 de mayo de 2020
viernes, 22 de mayo de 2020
ADAPTACIÓN PROGRAMACIÓNS
Xa están publicadas na páxina do centro a adaptación das programacións. Podedes acceder directamente a través do seguinte enlace. COUCEIRO
miércoles, 20 de mayo de 2020
ACTIVIDADE PLÁSTICA LETRAS GALEGAS 2020
Güino ten unha proposta para toda a Comunidade Educativa, para todas as familias e para todo o profesorado:
Cadaquén dende a súa casa, escollerá unha palabra galega especial, pola súa sonoridade, polas lembranzas que nos trae, polo que representa...
Entre tod@s faremos unha SEMENTEIRA DE PALABRAS
Pautas:
- Escolle a palabra galega especial para ti.
- Nun folio horizontal escribe a palabra dentro dun gran xigante, dentro dunha gran semente. Podes darlle cor, pero que se vexa ben a palabra con letras grandes e claras
3. Colle outro folio e tamén en posición apaisada fai un debuxo do que significa para ti esa palabra que queres sementar para que non se perda.
4. Cando teñades os dous folios ben rematados mandades as imaxes, escaneadas ou fotografadas a: elefantescouceiro@gmail.com
Para facer a SEMENTEIRA podedes enviar as vosas producións ata o xoves 21 de maio. Escribide na parte baixa dos folios o voso nome e curso.
FOTOS
Taballo de plástica de Icía.
Traballo de Hugo.
Traballo de Lola.
Lucas e o seu irmán celebrando Breamo en casa.
Traballo de Martín.
Noa mándanos unha fotografía co seu novo corte de pelo. Que maior está!
domingo, 17 de mayo de 2020
RECIBIMOS FOTOS DALGÚNS COMPAÑEIROS
Esta semana falei con Mayra e díxome que tiña moitísimas ganas de ver a Icía, así que lle dixen que subiría unhas fotos que me enviara uns días antes, para que puidese ver o que crecera.
Ademais Sofía, Lucas, Lola, Amoná e Martín enviaron algúns traballos de plástica.
Moitas grazas a todos e a todas, encántame vervos.
viernes, 15 de mayo de 2020
PLÁSTICA VENRES 15 DE MAIO
Se non tedes pratos podedes facer a actividade nunha folla.
Se non tedes imaxes de alimentos podedes facelas vós.
Se non tes revistas ou folletos de supermercados, non pasa nada, debuxa os teus alimentos nunha folla, dálles cor, recórtaos e pégaos.domingo, 10 de mayo de 2020
PROGRAMACIÓN SEMANAL
En primeiro lugar, pedirvos desculpas, xa que atopamos varios erros na programación que subimos a semana pasada, esperamos que non vos complicáramos máis as cousas.
En segundo lugar, e como sempre vos dicimos, estamos á vosa disposición, tanto no correo couceiroprimeiroesegundo@gmail.com ou a través de Abalar, calquera dúbida que teñades non dubidedes en poñeros en contacto coas titoras.
Se necesitades falar connosco telefonicamente, podedes usar o correo ou Abalar e poñerémonos en contacto convosco. Non estamos a subir explicacións porque tamén temos dificultade coa conectividade desde os nosos domicilios, pero podemos resolver calquera dúbida que vos xurda a través dos medios que vos acabamos de enumerar.
Vos deixamos un documento cun resumo por materia e día. Tedes enlaces no mesmo documento a blogs e/ou vídeos.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
Semana Do 11 Ao 15 de Maio by Alejandra Villanueva Fernández on Scribd
miércoles, 6 de mayo de 2020
domingo, 3 de mayo de 2020
PROGRAMACIÓN DO 4 AO 8 DE MAIO
MATEMÁTICAS
- Luns 4 de maio: Hoxe repasaremos os números.
- Martes 5 de maio: Hoxe traballaremos as sumas e restas con levadas. Vos deixamos dous vídeos para que repasedes.
- Mércores 6 de maio: É contido novo polo que só veremos os vídeos. Non temos que facer as actividades.
- Xoves 7 de maio: Resolvemos problemas
CASTELÁN
- LUNS 4 DE MAIO. Lemos o texto, vemos o vídeo e facemos as actividades.
- MÉRCORES 6 DE MAIO. Repaso do curso pasado. Vemos os vídeos e facemos as actividades.
- XOVES 7 DE MAIO Repaso. Palabras con MB - MP: Vemos o vídeo e facemos as actividades.
GALEGO
- Martes 5 de maio: Lectura O Raio Veloz, comprensión lectora e aprendo palabras.
- Xoves 7 de maio: Aprendo palabras e escribo ben.
- Venres 8 de maio: Estudo a lingua.
SOCIAIS
MARTES 5 DE MAIO: Os medios de comunicación
NATURAIS
LUNS 4 DE MAIO: Produtos naturais e produtos artificiais.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)