miércoles, 13 de noviembre de 2019

11 DE NOVEMBRO: Polo San Martiño....


Como di o refraneiro popular, “polo San Martiño, trompos ao camino” e “polo San Amaro, trompos ao faiado”. Iso significa que o trompo se xoga tipicamente nesta época do ano, entre o 11 de novembro e o 15 de xaneiro.

O trompo chámase tamén peón, buxaina, bailarete… 
É un xoguete de madeira que leva na súa punta un cravo de ferro ou ferrón sobre o que vira o trompo. A parte de arriba chámase pirucho e a máis ancha é a barriga. Para facer bailar o trompo hai que amarrar unha piola, que é unha corda de medio metro que se amarra da maneira máis tensa posible arredor da barriga do trompo e que se solta rapidamente para facelo virar. No estremo d a piola adóitase facer un nó para evitar que escorregue entre os dedos.
Claro que outro refrán moi noso di, que “polo San Martiño, castañas e viño”, e que “as castañas que despois do San Martiño quedan no souto, son do moucho”.
Así que antes de que o moucho se apodere delas, a bailar o trompo, a facer magostos.
Aquí vos deixo un resumo fotográfico deste día






                            


                         
   
                          







martes, 29 de octubre de 2019

SAMAÍN

O  Samaín é unha celebración de orixe celta que o cristianismo reconverteu no Día de Todos os Santos. Esta festa levaba unhas décadas esquecida, pero nos últimos anos está a volverse a recuperar grazas ao traballo realizado nas escolas e en varios concellos de Galicia.  
A noite do 31 de outubro comeza o Ano Novo celta, remata o verán e entra o inverno. Nesta noite as ánimas dos mortos atravesan a porta que separa o mundo dos vivos e dos mortos e visitan as casas das súas familias para quentarse e tomar algo de alimento.
É a festividade de orixe celta máis importante do período pagán que dominou Europa ata a súa conversión ao cristianismo, na que a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro servía como celebración do final da tempada de colleitas na cultura  celta e era considerada como o «Ano Novo Celta», que comezaba coa estación escura. É tanto unha festa de transición (o paso dun ano a outro) como de apertura ao outro mundo. A súa etimoloxía é  gaélica e significa ‘fin do verán’.

Aquí tedes as nosas cabazas



 



















Queima dos nosos medos

Rir, chorar ou enfadarse. Todas elas emocións naturais no ser humano. Co gallo da celebración do Samaín o Equipo de Dinamización da Língua Galega propúxonos falar dos nosos medos e escribilos, para logo queimalos no patio nun acto conxunto de todo o centro educativo.
A continuación déixovos un resumo fotográfico deste acto.


















domingo, 27 de octubre de 2019

Exposición contos de medo



Buscamos nome para o PDI

O voto é o acto polo cal un individuo expresa apoio ou preferencia por certa proposta, durante unha votación, de forma secreta ou pública. É, por tanto, un método de toma de decisións no que un grupo, tal como unha xunta ou un electorado, trata de medir a súa opinión conxunta.​ O voto é parte esencial en todos e cada un dos sistemas de goberno que se basean na democracia. Grazas a este, pódense tomar decisións importantes de maneira equitativa e facendo valer o punto de vista de cada persoa. Doutra banda, o voto é considerado como igual, é dicir, cada voto ten o mesmo valor, sen importar quen sexa o elector.