Como di o refraneiro popular, “polo San Martiño, trompos ao camino” e “polo San Amaro, trompos ao faiado”. Iso significa que o trompo se xoga tipicamente nesta época do ano, entre o 11 de novembro e o 15 de xaneiro.
O trompo chámase tamén peón, buxaina, bailarete…
É un xoguete de madeira que leva na súa punta un cravo de ferro ou ferrón sobre o que vira o trompo. A parte de arriba chámase pirucho e a máis ancha é a barriga. Para facer bailar o trompo hai que amarrar unha piola, que é unha corda de medio metro que se amarra da maneira máis tensa posible arredor da barriga do trompo e que se solta rapidamente para facelo virar. No estremo d a piola adóitase facer un nó para evitar que escorregue entre os dedos.
Claro que outro refrán moi noso di, que “polo San Martiño, castañas e viño”, e que “as castañas que despois do San Martiño quedan no souto, son do moucho”.
Así que antes de que o moucho se apodere delas, a bailar o trompo, a facer magostos.
Aquí vos deixo un resumo fotográfico deste día



No hay comentarios:
Publicar un comentario