lunes, 25 de noviembre de 2019

25 DE NOVEMBRO

O vindeiro venres celebraremos no noso cole o Día Internacional Pola Eliminación das Violencias cara ás Mulleres.
A data elixiuse en honra ás irmás  Mirabal,  torturadas e asasinadas o 25 de novembro de 1960 pola ditadura do Xeneral Trujillo en República Dominicana.
Continúase esixindo nas rúas , un cambio nas políticas e un compromiso de toda a sociedade para acabar coas violencias machistas.
Estes días falamos en clase moito deste gran problema co convivimos.
Aquí déixovos unhas fotografías da actividade que estamos a realizar.
Nuns día veredes o produto final.



















miércoles, 20 de noviembre de 2019

CORAIS



PROXECTO PLANTAS

Continuamos co tema das plantas e grazas á vosa colaboración estamos a aprender moitísimas cousas novas.
As sementes que plantamos empezaron a saír pero algunhas se encheron de mofo, así que buscastes información sobre este microorganismo.
O noso compañeiro Víctor trouxo unha planta e puidemos ver moi  cerquiña as  raíces. o talo e as follas.
Mario trouxo froitas da horta do seu avó...
Subirei fotos aos poucos.








martes, 19 de noviembre de 2019

ARRECIFES DE CORAIS

Onte recibimos unha carta de Illa Fantasía e hoxe marteS a limos. Aprendemos moitísimas cousas sobre o mar Así que decidimos que queríamos saber moito máis sobre os peixes, os arrecifes de corais...

Estivemos vendo vídeos dos arrecifes 


miércoles, 13 de noviembre de 2019

Máis Samaín


Este é o nome dunha das actividades que, a proposta do equipo de biblioteca,  realizamos no centro para celebrar o Samaín.

Por titorías e no tempo da hora de ler, apáganse todas as luces e os alumnos e alumnas len relatos terroríficos.















11 DE NOVEMBRO: Polo San Martiño....


Como di o refraneiro popular, “polo San Martiño, trompos ao camino” e “polo San Amaro, trompos ao faiado”. Iso significa que o trompo se xoga tipicamente nesta época do ano, entre o 11 de novembro e o 15 de xaneiro.

O trompo chámase tamén peón, buxaina, bailarete… 
É un xoguete de madeira que leva na súa punta un cravo de ferro ou ferrón sobre o que vira o trompo. A parte de arriba chámase pirucho e a máis ancha é a barriga. Para facer bailar o trompo hai que amarrar unha piola, que é unha corda de medio metro que se amarra da maneira máis tensa posible arredor da barriga do trompo e que se solta rapidamente para facelo virar. No estremo d a piola adóitase facer un nó para evitar que escorregue entre os dedos.
Claro que outro refrán moi noso di, que “polo San Martiño, castañas e viño”, e que “as castañas que despois do San Martiño quedan no souto, son do moucho”.
Así que antes de que o moucho se apodere delas, a bailar o trompo, a facer magostos.
Aquí vos deixo un resumo fotográfico deste día