jueves, 23 de mayo de 2019

MATERIAIS NATURAIS E ARTIFICIAIS

Os obxectos están fabricados con diferentes MATERIAIS.
  • MATERIAIS NATURAIS: son os que atopamos na natureza. Algúns obtémolos dos ANIMAIS e outros das PLANTAS.
  • MATERIAIS ARTIFICIAIS: son materiais que se crean transformando materiais naturais.


COMO PODEN SER OS MATERIAIS? 
Os materiais poden ser brandos ou duros, transparentes, impermeables, lisos ou rugosos.

No seguinte vídeo podedes ampliar esta información.



domingo, 12 de mayo de 2019

AS PLANTAS

As plantas son seres vivos que producen o seu propio alimento mediante o proceso da  fotosíntesis. Elas captan a enerxía da luz do sol a través da  clorofila e converten o dióxido de carbono e a auga en azucres que utilizan como fonte de enerxía.
Partes dunha planta:
  • Raíz: a súa función é fixar á planta. Mediante ela as plantas obteñen nutrientes do chan.
  • Talo: é o que lle dá soporte á planta; algúns talos son delgados e flexibles, outros, como os das árbores, son  leñosos e duros.
  • Folla: é a estrutura onde se realiza a  fotosíntesis e a respiración.
  • Flor: é o órgano reprodutor. No seu interior posúe todos os órganos que necesita para fabricar o froito e a semente.







miércoles, 1 de mayo de 2019

MAIOS

Todos os pobos sentiron ao longo da súa historia gran admiración polo renacer cíclico do mundo vexetal, así como polo final do inverno e o comezo do verán, do bo tempo. Neste aspecto, como noutros moitos, Galicia non foi un caso illado; ata ben entrado este século, en moitas das súas comarcas celébranse unha serie de manifestacións folclóricas, agrarias ou/e lúdicas, co único fin de festexar tan importante efeméride anual.

E dunha delas, quizais a máis fermosa, pois conta como principais protagonistas aos nenos e ás flores, é a celebración do maio. O martes 30 de maio no cole preparamos o noso maio coa axuda das familias. Aquí vos deixamos un pequeno resumo desta xornada.




martes, 30 de abril de 2019

OS RÉPTILES


OS RÉPTILES teñen o corpo cuberto de ESCAMAS, e algúns como a tartaruga, teñen CUNCHA.
A maioría deles desprázanse reptando, é dicir, arrastrándose, porque non teñen patas ou porque as teñen aos lados como a lagarta.
Outros andan e algúns tamén nadan cono o crocodilo.
Todos nacen de ovos polo que son ovíparos.


+
Os Réptiles son animais vertebrados que se caracterizan pola súa especial maneira de andar, xa que andan arrastrando o ventre polo chan. A súa pel está recuberta de  escamas ou teñen  caparazón (as tartarugas).    A súa respiración é pulmonar. 
Son  carnívoros e cazadores. Teñen dentes que cortan pero non  mastigan e nalgúns casos son  venenosos.
A temperatura do corpo é moi variable. 
Son  ovíparos. 4
Todos teñen catro patas excepto as serpes. 
Son as tartarugas, os lagartos, os crocodilos e as serpes.






viernes, 26 de abril de 2019

MAIOS 2019


Ahi ven o maio de frores cuberto
puxeronse a porta cantandome os nenos
os puchos furados pra min extendendo
pedironme crocas dos meus castiñeiros

Pasai rapaciños calados e credos
que o que é polo de hoxe que darvos non teño
eu sonvos o probe: o povo galego
pra min non hai maio, pra min sempre é inverno.
Cando eu me atopare de donos liberto
que o pan non mo quiten, trabucos e prestemos
que, coma os do abade, frorezan meus eidos
chegado haberá enton o maio que eu quero.

Queredes castañas dos meus castiñeiros
cantademe un maio sen bruxas nin demos
un maio sen segas, usuras nin preitos.
nin foros nin cregos
Autores da canción: Curros Enriquez / l.e. Batallan




jueves, 25 de abril de 2019

OS INSECTOS

Aínda que non os pareza os insectos son animais.
Son animais  invertebrados porque non teñen ósos.
Son  ovíparos (reprodúcense poñendo ovos).
Todos os insectos teñen cabeza, patas e dúas antenas. A maioría ten ás, como a bolboreta, pero outros como as pulgas non as teñen.







METAMORFOSE DAS BOBLBORETAS




DEBUXAMOS MOUCHOS

O debuxo forma parte das actividades esenciais para o desenvolvemento dun neno. As súas virtudes son numerosas polo que é fundamental poñer a disposición dos/as nenos/as o material para debuxar tendo en conta que este sexa adaptado á súa idade (lapis, pinturas,  rotuladores,…).
Moitos alumnos verbalizan a súa incapacidade para debuxar, polo que a práctica diaria os motiva.
Partindo do mesmo modelo os resultados foron excepcionais. Enhoraboa a todos e a todas!



Desenvolvemento cognitivo: o neno recorre aos seus coñecementos para realizar debuxos. Esta actividade fai que o seu cerebro traballe e estimula o seu sentido da observación.



Desenvolvemento da coordinación dos movementos: debuxando formas xeométricas, o neno empeza a controlar os seus movementos. A partir dese momento, consegue trazar liñas horizontais, verticais e parar cando logrou o resultado desexado. É imposible para os máis pequenos, que deixan mover a súa man sen control algún e tampouco son capaces de respectar os límites dunha folla en branco.


Mellora da  motricidad fina: a continuación, o neno aprende a debuxar elementos cada vez con máis detalles e en superficies máis limitadas. Xa terminou cos grandes debuxos, agora o neno pode poñer límites a unha superficie máis pequena e realizar formas máis complexas.


Autoafirmación do seu carácter: o neno exprésase a través do debuxo. Ponse a proba. Ao longo das súas creacións, observarás moitas variacións: trazos persistentes se está irritado ou pola contra, máis lixeiros. Da mesma maneira, aprenderá a ser paciente para realizar o debuxo que ten en mente. Ás veces, terá que facer un dobre esforzo e concentrarse máis para poder conseguilo.



Desenvolvemento do seu sentido artístico e da súa creatividade: para debuxar, hai que deixar sitio á imaxinación. Non só para representar os personaxes e os obxectos da súa elección, senón tamén para  verbalizar o que fai. É dicir, os debuxos dos nenos son o soporte de historias incriblemente ricas.