jueves, 25 de abril de 2019

DEBUXAMOS MOUCHOS

O debuxo forma parte das actividades esenciais para o desenvolvemento dun neno. As súas virtudes son numerosas polo que é fundamental poñer a disposición dos/as nenos/as o material para debuxar tendo en conta que este sexa adaptado á súa idade (lapis, pinturas,  rotuladores,…).
Moitos alumnos verbalizan a súa incapacidade para debuxar, polo que a práctica diaria os motiva.
Partindo do mesmo modelo os resultados foron excepcionais. Enhoraboa a todos e a todas!



Desenvolvemento cognitivo: o neno recorre aos seus coñecementos para realizar debuxos. Esta actividade fai que o seu cerebro traballe e estimula o seu sentido da observación.



Desenvolvemento da coordinación dos movementos: debuxando formas xeométricas, o neno empeza a controlar os seus movementos. A partir dese momento, consegue trazar liñas horizontais, verticais e parar cando logrou o resultado desexado. É imposible para os máis pequenos, que deixan mover a súa man sen control algún e tampouco son capaces de respectar os límites dunha folla en branco.


Mellora da  motricidad fina: a continuación, o neno aprende a debuxar elementos cada vez con máis detalles e en superficies máis limitadas. Xa terminou cos grandes debuxos, agora o neno pode poñer límites a unha superficie máis pequena e realizar formas máis complexas.


Autoafirmación do seu carácter: o neno exprésase a través do debuxo. Ponse a proba. Ao longo das súas creacións, observarás moitas variacións: trazos persistentes se está irritado ou pola contra, máis lixeiros. Da mesma maneira, aprenderá a ser paciente para realizar o debuxo que ten en mente. Ás veces, terá que facer un dobre esforzo e concentrarse máis para poder conseguilo.



Desenvolvemento do seu sentido artístico e da súa creatividade: para debuxar, hai que deixar sitio á imaxinación. Non só para representar os personaxes e os obxectos da súa elección, senón tamén para  verbalizar o que fai. É dicir, os debuxos dos nenos son o soporte de historias incriblemente ricas. 







No hay comentarios:

Publicar un comentario