miércoles, 13 de noviembre de 2019

11 DE NOVEMBRO: Polo San Martiño....


Como di o refraneiro popular, “polo San Martiño, trompos ao camino” e “polo San Amaro, trompos ao faiado”. Iso significa que o trompo se xoga tipicamente nesta época do ano, entre o 11 de novembro e o 15 de xaneiro.

O trompo chámase tamén peón, buxaina, bailarete… 
É un xoguete de madeira que leva na súa punta un cravo de ferro ou ferrón sobre o que vira o trompo. A parte de arriba chámase pirucho e a máis ancha é a barriga. Para facer bailar o trompo hai que amarrar unha piola, que é unha corda de medio metro que se amarra da maneira máis tensa posible arredor da barriga do trompo e que se solta rapidamente para facelo virar. No estremo d a piola adóitase facer un nó para evitar que escorregue entre os dedos.
Claro que outro refrán moi noso di, que “polo San Martiño, castañas e viño”, e que “as castañas que despois do San Martiño quedan no souto, son do moucho”.
Así que antes de que o moucho se apodere delas, a bailar o trompo, a facer magostos.
Aquí vos deixo un resumo fotográfico deste día






                            


                         
   
                          







martes, 29 de octubre de 2019

SAMAÍN

O  Samaín é unha celebración de orixe celta que o cristianismo reconverteu no Día de Todos os Santos. Esta festa levaba unhas décadas esquecida, pero nos últimos anos está a volverse a recuperar grazas ao traballo realizado nas escolas e en varios concellos de Galicia.  
A noite do 31 de outubro comeza o Ano Novo celta, remata o verán e entra o inverno. Nesta noite as ánimas dos mortos atravesan a porta que separa o mundo dos vivos e dos mortos e visitan as casas das súas familias para quentarse e tomar algo de alimento.
É a festividade de orixe celta máis importante do período pagán que dominou Europa ata a súa conversión ao cristianismo, na que a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro servía como celebración do final da tempada de colleitas na cultura  celta e era considerada como o «Ano Novo Celta», que comezaba coa estación escura. É tanto unha festa de transición (o paso dun ano a outro) como de apertura ao outro mundo. A súa etimoloxía é  gaélica e significa ‘fin do verán’.

Aquí tedes as nosas cabazas



 



















Queima dos nosos medos

Rir, chorar ou enfadarse. Todas elas emocións naturais no ser humano. Co gallo da celebración do Samaín o Equipo de Dinamización da Língua Galega propúxonos falar dos nosos medos e escribilos, para logo queimalos no patio nun acto conxunto de todo o centro educativo.
A continuación déixovos un resumo fotográfico deste acto.