Onte, domingo día 24 de novembro de 2019 centos de mulleres e homes saíron á rúa baixo o berro "Nin unha menos". Un día de conmemoración que atopa os seus inicios no ano 1981 tras o primeiro encontro feminista de Latinoamericana e o Caribe realizado en Bogotá, onde se definiu o 25 de novembro como o día contra a violencia cara ás mulleres, conmemorando a historia e loita das irmás Mirabal.
Hoxe, luns día 25 de novembro celebramos o Día contra a violencia no cole.
Todos xuntos bailamos e cantamos a canción de Rozalén "Vivir" nos corredores da planta baixa.
Dámaris, mestra de infantil, leu unhas palabras concienciándonos desta celebración tan importante, moi bonitas.
Para finalizar o acto regaláronnos dúas bólas de Nadal transparentes. Dentro delas estaban as nosas fotos.
A bóla simboliza ISÓTITA e as fotografías todo o que temos que traballar para conseguir a igualdade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario