martes, 30 de abril de 2019

OS RÉPTILES


OS RÉPTILES teñen o corpo cuberto de ESCAMAS, e algúns como a tartaruga, teñen CUNCHA.
A maioría deles desprázanse reptando, é dicir, arrastrándose, porque non teñen patas ou porque as teñen aos lados como a lagarta.
Outros andan e algúns tamén nadan cono o crocodilo.
Todos nacen de ovos polo que son ovíparos.


+
Os Réptiles son animais vertebrados que se caracterizan pola súa especial maneira de andar, xa que andan arrastrando o ventre polo chan. A súa pel está recuberta de  escamas ou teñen  caparazón (as tartarugas).    A súa respiración é pulmonar. 
Son  carnívoros e cazadores. Teñen dentes que cortan pero non  mastigan e nalgúns casos son  venenosos.
A temperatura do corpo é moi variable. 
Son  ovíparos. 4
Todos teñen catro patas excepto as serpes. 
Son as tartarugas, os lagartos, os crocodilos e as serpes.






viernes, 26 de abril de 2019

MAIOS 2019


Ahi ven o maio de frores cuberto
puxeronse a porta cantandome os nenos
os puchos furados pra min extendendo
pedironme crocas dos meus castiñeiros

Pasai rapaciños calados e credos
que o que é polo de hoxe que darvos non teño
eu sonvos o probe: o povo galego
pra min non hai maio, pra min sempre é inverno.
Cando eu me atopare de donos liberto
que o pan non mo quiten, trabucos e prestemos
que, coma os do abade, frorezan meus eidos
chegado haberá enton o maio que eu quero.

Queredes castañas dos meus castiñeiros
cantademe un maio sen bruxas nin demos
un maio sen segas, usuras nin preitos.
nin foros nin cregos
Autores da canción: Curros Enriquez / l.e. Batallan




jueves, 25 de abril de 2019

OS INSECTOS

Aínda que non os pareza os insectos son animais.
Son animais  invertebrados porque non teñen ósos.
Son  ovíparos (reprodúcense poñendo ovos).
Todos os insectos teñen cabeza, patas e dúas antenas. A maioría ten ás, como a bolboreta, pero outros como as pulgas non as teñen.







METAMORFOSE DAS BOBLBORETAS




DEBUXAMOS MOUCHOS

O debuxo forma parte das actividades esenciais para o desenvolvemento dun neno. As súas virtudes son numerosas polo que é fundamental poñer a disposición dos/as nenos/as o material para debuxar tendo en conta que este sexa adaptado á súa idade (lapis, pinturas,  rotuladores,…).
Moitos alumnos verbalizan a súa incapacidade para debuxar, polo que a práctica diaria os motiva.
Partindo do mesmo modelo os resultados foron excepcionais. Enhoraboa a todos e a todas!



Desenvolvemento cognitivo: o neno recorre aos seus coñecementos para realizar debuxos. Esta actividade fai que o seu cerebro traballe e estimula o seu sentido da observación.



Desenvolvemento da coordinación dos movementos: debuxando formas xeométricas, o neno empeza a controlar os seus movementos. A partir dese momento, consegue trazar liñas horizontais, verticais e parar cando logrou o resultado desexado. É imposible para os máis pequenos, que deixan mover a súa man sen control algún e tampouco son capaces de respectar os límites dunha folla en branco.


Mellora da  motricidad fina: a continuación, o neno aprende a debuxar elementos cada vez con máis detalles e en superficies máis limitadas. Xa terminou cos grandes debuxos, agora o neno pode poñer límites a unha superficie máis pequena e realizar formas máis complexas.


Autoafirmación do seu carácter: o neno exprésase a través do debuxo. Ponse a proba. Ao longo das súas creacións, observarás moitas variacións: trazos persistentes se está irritado ou pola contra, máis lixeiros. Da mesma maneira, aprenderá a ser paciente para realizar o debuxo que ten en mente. Ás veces, terá que facer un dobre esforzo e concentrarse máis para poder conseguilo.



Desenvolvemento do seu sentido artístico e da súa creatividade: para debuxar, hai que deixar sitio á imaxinación. Non só para representar os personaxes e os obxectos da súa elección, senón tamén para  verbalizar o que fai. É dicir, os debuxos dos nenos son o soporte de historias incriblemente ricas. 







domingo, 14 de abril de 2019

DEBUXAMOS OVELLAS

Ao longo do curso debuxamos distintos animais. Nesta ocasión centrámonos noutro animal doméstico, a ovella.
A verdade é que nos custou máis do que me podía imaxinar. Aquí tedes os resultados.








DEBUXAMOS FAMILIA

Nas últimas décadas, xurdiron moitos cambios importantes na sociedade, e a familia non é unha excepción.

A familia é sumamente importante no desenvolvemento dos nenos, pois é, posiblemente, o axente  socializador que máis vai influír no seu crecemento. De feito, os nenos necesitan dos adultos durante un longo período de tempo, o que provocou que todas as sociedades organícense ao redor de grupos de persoas que xeralmente coñecemos como “a familia”.
O obxectivo que tíñamos con esta actividade era que os nenos e nenas aprenderan a debuxar homes e mulleres, nenos e nenas, bebés e mascotas. Despois eles costruíron o seu debuxo. Os resultados foron magníficos.






jueves, 4 de abril de 2019

VISITA DO MES DE ABRIL


Xoves, 4 de abril de 2019:

Esta mañá recibimos a visita da nosa amiga a Gran Xefa India  Tatanka  Ska.
Viña cargada de sorpresas nunha bolsa que parecía ter a  capacidade de producir obxectos de maneira interminable. Cada un deses obxectos pertencía a un dos personaxes que viven en Illa Fantasía. Contounos que en pouco tempo gozaremos dunha Gran Festa e que por iso era moi importante recoñecer a estes personaxes.
O bufo  Beto, A meiga Sada, os piratas, a dama que aluma coa súa luz toda a Illa, os xemelgos (Marco e Cristóbal  Colón), o cabaleiro Cortés, a Bruxa Analfabeta (que quere que ninguén aprenda a ler), o gobernador, o trasgo Tino ou a  dragona dourada.

Tatanka traía unha cámara de fotos moi rara que nos encantou. Fixémoslle unha foto que saíu por arriba, contamos ata corenta, cincuenta, sesenta... e de súpeto puidemos vela. É o recordo que a Gran Xefa india quíxonos deixar.
Por último, fixemos varios grupos para tentar reproducir nunha folla en branco por grupo o mapa de Illa Fantasía. Tiñamos que ir un de cada grupo por quenda e debuxar o maior número de cousas posibles.En clase temos un mapa grande da Illa, pero a  profe que é unha pilla o tapara con xornais. Pasámonolo xenia!.
Ata Pronto,  Tatanka.