jueves, 4 de abril de 2019

VISITA DO MES DE ABRIL


Xoves, 4 de abril de 2019:

Esta mañá recibimos a visita da nosa amiga a Gran Xefa India  Tatanka  Ska.
Viña cargada de sorpresas nunha bolsa que parecía ter a  capacidade de producir obxectos de maneira interminable. Cada un deses obxectos pertencía a un dos personaxes que viven en Illa Fantasía. Contounos que en pouco tempo gozaremos dunha Gran Festa e que por iso era moi importante recoñecer a estes personaxes.
O bufo  Beto, A meiga Sada, os piratas, a dama que aluma coa súa luz toda a Illa, os xemelgos (Marco e Cristóbal  Colón), o cabaleiro Cortés, a Bruxa Analfabeta (que quere que ninguén aprenda a ler), o gobernador, o trasgo Tino ou a  dragona dourada.

Tatanka traía unha cámara de fotos moi rara que nos encantou. Fixémoslle unha foto que saíu por arriba, contamos ata corenta, cincuenta, sesenta... e de súpeto puidemos vela. É o recordo que a Gran Xefa india quíxonos deixar.
Por último, fixemos varios grupos para tentar reproducir nunha folla en branco por grupo o mapa de Illa Fantasía. Tiñamos que ir un de cada grupo por quenda e debuxar o maior número de cousas posibles.En clase temos un mapa grande da Illa, pero a  profe que é unha pilla o tapara con xornais. Pasámonolo xenia!.
Ata Pronto,  Tatanka.





No hay comentarios:

Publicar un comentario