As plantas son seres vivos que producen o seu propio alimento mediante o proceso da fotosíntesis. Elas captan a enerxía da luz do sol a través da clorofila e converten o dióxido de carbono e a auga en azucres que utilizan como fonte de enerxía.
Partes dunha planta:
- Raíz: a súa función é fixar á planta. Mediante ela as plantas obteñen nutrientes do chan.
- Talo: é o que lle dá soporte á planta; algúns talos son delgados e flexibles, outros, como os das árbores, son leñosos e duros.
- Folla: é a estrutura onde se realiza a fotosíntesis e a respiración.
- Flor: é o órgano reprodutor. No seu interior posúe todos os órganos que necesita para fabricar o froito e a semente.
A clasificación das plantas realízase de acordo coa presenza, ausencia e forma de órganos fundamentais, como raíces, talos, follas, flores e froitos, ou dacordo coa presenza dun ou dous cotiledones na xerminación da semente. Esta clasificación baseada nas estruturas morfolóxicas e características particulares de cada planta permite identificalas ata o nivel de especie.
As plantas clasifícanse en: plantas sen flor e plantas con flor.
- Plantas sen flor: son aquelas que non producen flor, por exemplo, fentos, colas de cabalo, brións, piñeiros, abetos e cipreses (divídense en briofitas, pteridofitas e gimnospermas).
- Plantas con flor: son aquelas con flores complexas que adoitan ser rechamantes, as sementes están recubertas por un froito que as protexe. Delas obtense un gran número de materias primas e produtos naturais. Por exemplo, encinos, maceiras, orquídeas (chámanse anxiospermas).
AS ÁRBORES
Importancia das plantas.
Desde tempos remotos ata a actualidade a humanidade dependeu das plantas. Delas obtéñense produtos para satisfacer necesidades de alimento, vivenda, enerxía, saúde, vestido e estética. O interese polas plantas permitiu observar mellor as súas características e facer un maior uso delas. As plantas teñen un notable valor económico, estético e recreativo, pero sobre todo ecolóxico:
• O valor económico das plantas provén dos produtos que se extraen delas, como madeira, materias primas, substancias orgánicas e medicinais.
• O valor estético e recreativo das plantas mellora a nosa calidade de vida, brindándonos espazos para descansar ou estimular os sentidos.
• O valor ecolóxico das plantas é fundamental, pois ademais de proporcionarnos osíxeno, actúan como filtros dos contaminantes do aire e a auga, protexen e fertilizan o chan, regulan a temperatura, minoran o quecemento do planeta e son a base da cadea alimenticia.
TEORIA by Alejandra Villanueva Fernández on Scribd
Ficha Planta 1 by Alejandra Villanueva Fernández on Scribd
Ficha Planta 2 by Alejandra Villanueva Fernández on Scribd
No hay comentarios:
Publicar un comentario