domingo, 13 de octubre de 2019

Club das Letras

O Club das Letras xorde como unha canle para potenciar o emprendemento, o pensamento crítico e creativo na área das Humanidades, as Artes e as Ciencias Sociais
Un dos desafíos contemporáneos máis salientables é a necesidade de capacitar ao alumnado para o exercicio do pensamento crítico e independente co que alcanzar unha mellor comprensión do mundo globalizado e de si mesmo. Paralelamente, a investigación e a potenciación dun espírito crítico deben estar acompañados de achegas a enfoques plurais procedentes de distintos ámbitos filosóficos, artísticos, literarios ou históricos. 
Estes clubs fundaméntanse nunha metodoloxía baseada no descubrimento, a indagación, o debate, a lectura reflexiva, a análise crítica, a creación e a aprendizaxe colaborativa, na que o alumnado adquire coñecemento mediante un método activo.  a través da escritura creativa, a exploración e creación artística, a lectura reflexiva e fomentando, de ser posible, unha achega lúdica e dinámica
Para o curso 2019/2020 o tema escollido é a igualdade (contribución desde un punto de vista literario, artístico, filosófico ou histórico a cuestións relacionadas coa visibilización das mulleres, do seu rol na sociedade e/ou representación das mulleres ao longo da historia).


No hay comentarios:

Publicar un comentario