Na orquestra clásica, chámase «cordas» ao conxunto de instrumentos de corda fregada formado polos grupos de violíns (normalmente divididos en violíns primeiros e segundos), violas, violoncelos e contrabaixos. O mesmo sucede coa orquestra de cordas, que está conformada polos mesmos instrumentos. De forma similar fálase dun trío, cuarteto ou quinteto de cordas, cando se trata de agrupacións de violín, viola e violoncelo.
O venres 11 de outubro tivemos a sorte de contar con dous músicos, un deles tocaba o violín e a outra o violonchelo. Deixáronnos tocar o arco que consta dunha cinta, feita con crins de cabalo ou porcas, e dunha vara estreita, de curva suave, normalmente de madeira de pernambuco que permite, por medio dun parafuso que se aperta ou afrouxa, asegurar a tensión das crines, as cales fregan as cordas do instrumento para producir o son.
Aquí tedes algunhas imaxes desta actividade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario