miércoles, 16 de octubre de 2019

NOMES DE ÁRBORES

No seguinte enlace tedes información sobre os nomes das árbores en galego, en castelán, o seu nome científico e a familia a que pertence.

nomes

domingo, 13 de octubre de 2019

As plantas

As plantas son seres vivos que producen o seu propio alimento mediante o proceso da  fotosíntesis. Elas captan a enerxía da luz do sol a través da  clorofila e converten o dióxido de carbono e a auga en azucres que utilizan como fonte de enerxía.

Partes dunha planta:
  • Raíz: a súa función é fixar á planta. Mediante ela as plantas obteñen nutrientes do chan.
  • Talo: é o que lle dá soporte á planta; algúns talos son delgados e flexibles, outros, como os das árbores, son  leñosos e duros.
  • Folla: é a estrutura onde se realiza a  fotosíntesis e a respiración.
  • Flor: é o órgano reprodutor. No seu interior posúe todos os órganos que necesita para fabricar o froito e a semente.
A clasificación das plantas realízase de acordo coa presenza, ausencia e forma de órganos fundamentais, como raíces, talos, follas, flores e froitos, ou dacordo coa presenza dun ou dous  cotiledones na  xerminación da semente. Esta clasificación baseada nas estruturas morfolóxicas e características particulares de cada planta permite identificalas ata o nivel de especie.

As plantas clasifícanse en: plantas sen flor e plantas con flor.

  • Plantas sen flor: son aquelas que non producen flor, por exemplo, fentos, colas de cabalo, brións, piñeiros, abetos e  cipreses (divídense en  briofitas,  pteridofitas e  gimnospermas).
  • Plantas con flor: son aquelas con flores complexas que adoitan ser rechamantes, as sementes están recubertas por un froito que as protexe. Delas obtense un gran número de materias primas e produtos naturais. Por exemplo,  encinos, maceiras,  orquídeas (chámanse  anxiospermas).

CLASIFICACIÓN DAS PLANTASPARTES DAS PLANTAS
AS ÁRBORES

Importancia das plantas.

Desde tempos remotos ata a actualidade a humanidade dependeu das plantas. Delas obtéñense produtos para satisfacer necesidades de alimento, vivenda, enerxía, saúde, vestido e estética. O interese polas plantas permitiu observar mellor as súas características e facer un maior uso delas. As plantas teñen un notable valor económico, estético e recreativo, pero sobre todo ecolóxico:

• O valor económico das plantas provén dos produtos que se extraen delas, como madeira, materias primas, substancias orgánicas e medicinais.

• O valor estético e recreativo das plantas mellora a nosa calidade de vida, brindándonos espazos para descansar ou estimular os sentidos.

• O valor ecolóxico das plantas é fundamental, pois ademais de proporcionarnos osíxeno, actúan como  filtros dos contaminantes do aire e a auga, protexen e fertilizan o chan, regulan a temperatura, minoran o quecemento do planeta e son a base da cadea alimenticia.




Obradoiro de instrumentos de corda

Na orquestra clásica, chámase «cordas» ao conxunto de instrumentos de corda fregada formado polos grupos de violíns (normalmente divididos en violíns primeiros e segundos), violas, violoncelos e contrabaixos. O mesmo sucede coa orquestra de cordas, que está conformada polos mesmos instrumentos. De forma similar fálase dun trío, cuarteto ou quinteto de cordas, cando se trata de agrupacións de violín, viola e violoncelo.
O venres 11 de outubro tivemos a sorte de contar con dous músicos, un deles tocaba o violín e a outra o violonchelo. Deixáronnos tocar o arco que consta dunha cinta, feita con  crins de cabalo ou porcas, e dunha vara estreita, de curva suave, normalmente de madeira de  pernambuco que permite, por medio dun parafuso que se aperta ou afrouxa, asegurar a tensión das  crines, as cales fregan as cordas do instrumento para producir o son.
Aquí tedes algunhas imaxes desta actividade.














Club das Letras

O Club das Letras xorde como unha canle para potenciar o emprendemento, o pensamento crítico e creativo na área das Humanidades, as Artes e as Ciencias Sociais
Un dos desafíos contemporáneos máis salientables é a necesidade de capacitar ao alumnado para o exercicio do pensamento crítico e independente co que alcanzar unha mellor comprensión do mundo globalizado e de si mesmo. Paralelamente, a investigación e a potenciación dun espírito crítico deben estar acompañados de achegas a enfoques plurais procedentes de distintos ámbitos filosóficos, artísticos, literarios ou históricos. 
Estes clubs fundaméntanse nunha metodoloxía baseada no descubrimento, a indagación, o debate, a lectura reflexiva, a análise crítica, a creación e a aprendizaxe colaborativa, na que o alumnado adquire coñecemento mediante un método activo.  a través da escritura creativa, a exploración e creación artística, a lectura reflexiva e fomentando, de ser posible, unha achega lúdica e dinámica
Para o curso 2019/2020 o tema escollido é a igualdade (contribución desde un punto de vista literario, artístico, filosófico ou histórico a cuestións relacionadas coa visibilización das mulleres, do seu rol na sociedade e/ou representación das mulleres ao longo da historia).


Empezamos coas centenas

Despois de repasar e recargar pilas despois das vacacións de verán empezamos a traballar un novo concepto, as  centenas. Para iso utilizamos escarvadentes e gomas. Formamos decenas e despois  centenas.







Personaxes de Illa Fantasía

Estas últimas semanas, en plástica, estivemos a debuxar a algún dos personaxes de Illa Fantasía.
Os indios  Lakota, o Mago  Alfa ou Brúxula. Algún dos produtos finais podédelos ver nas seguintes imaxes.










Xirasois

A semana pasada os nosos compañeiros de terceiro deixáronnos un xirasol.
Estaba cheo de pipas e aínda que nos deu un pouco de noxo ao principio despois encantounos a súa textura.


Trátanse de plantas anuais que poden medir tres metros de altura. A verdade é que pesaba moitísimo!
Os talos son xeralmente  erectos e  híspidos (ásperos, duros e tesos).
A maioría das follas son  caulinares (é dicir, saen directamente do talo), alternas,  pecioladas, con base  cordiforme e bordos  aserrados.



Pecíolo:
É o  rabillo que une a lámina dunha folla á súa base  foliar ou ao talo