domingo, 29 de marzo de 2020

COMUNICÁMONOS.

Bo día:
Moitas grazas por compartir connosco imaxes do voso día a día.
Os días van pasando e aínda que nos queda  un tempo máis sen vernos ao recibir as vosas fotografías sentímonos un pouco máis preto de vós.
Biquiños para todos e para todas.
Antía envíanos algunhas fotos traballando e realizando o reto que nos propuxeron en Educación Física. 
A nosa compañeira Noa que cumpriu 8 anos. O outro día celebraron os cinco anos da súa irmá Sabela e esta semana o de Noa (xa ten oito) . Felicidades pequena!
Martín Lafuente que comparte actividades coa súa irmá Clara que non se quere perder nada. Tamén estiveron de celebración xa que a pequena da casa cumpriu tres anos. O vindeiro curso vémola no cole.
Inés que nos manda unha fotografía coa súa mascota ( non se é un can ou unha cadela) e outra traballando.
Icía que está a traballar moito. Comparte actividades co seu irmán.
Moitas grazas a todos.















1 comentario: