Como sabedes o pasado martes día 10 de marzo os alumnos e alumnas de segundo fomos de visita á casa das ciencias na Coruña, situada no parque de Santa Margarita. Cando chegamos explicáronnos que nos atopabamos nun museo pero que a diferenza doutros museos podíamos tocar xa que é interactivo. En primeiro lugar, atopámonos cunha incubadora xigante na que había dous poliños que acababan de saír do cascarón e varios ovos, pola cara coa que saídes moitos e moitas de vós pareceuvos algo moi interesante e sorprendente.
Tamén nos explicaron que tiñan un péndulo xigante que explicaba o movemento de rotación da Terra.
A primeira planta foi a que máis nos gustou a todos, porque había instrumentos científicos divertidos e interesante. Experimentamos cos módulos interactivos deste primeiro piso. Neste museo o importante non son as respostas, senón facerse preguntas: Pódese baixar unha costa cara arriba? Como se moven as dunas? Que tamaño pode alcanzar unha pompa de xabón?
No segundo andar, atopamos a exposición Puro swing, que é unha colección de 15 módulos interactivos para xogar e experimentar sobre aspectos relacionados co movemento dos péndulos. Sube a unha randeeira diferente, comprende o segredo do botafumeiro, mira como a gravidade fai debuxos xeométricos ou descubre como funcionaban os reloxos antes de que houbese pilas.
Despois de ir ao Planetario, situado no cuarto andar, estivemos na exposición A astronomía como cha contan que é unha exposición sobre a forma en que os medios tratan as noticias sobre astronomía e astronáutica. A información está distribuída en seis ámbitos que cobren desde a exploración do Sistema Solar ata os achados de planetas extrasolares ou a vida dos astronautas no espazo.
Para rematar esta saída merendamos no Paseo Das Ciencias do Parque de Santa Margarita.
Aquí vos deixamos un percorrido fotográfico para que pasedes un ratiño entretido.

Moitisimas gracias polas fotos ... O pasaron en grande. Agradecense mais ainda dende a reclusión domiciliaria. Unha aperta para todos!!!
ResponderEliminar