ACTIVIDADES EDUCACIÓN
FÍSICA #Eu quedo na casa#
SEMANA DO 30 DE
MARZO AO 3 DE ABRIL
2º CURSO
DIA
1
- CIRCUÍTO NA CASA
Elabora
un circuito de exercicios no espazo máis seguro e axeitado posible
da casa onde poidas desenvolver as túas diferentes habilidades.
Utiliza
materiáis sinxelos que podemos atopar na casa ( botellas, basoiras
cadeiras, pelotas, cubos..)
Busca
a aprobación e colaboración dun adulto.
Pon
roupa e calzado cómodo e fai un quecemento previo.( 1 -2 minutos)
Repite
o circuito 3 veces.
Cada exercicio do circuito debe durar 20
segundos.
Descansa
un pouco entre cada repetición.
Mira
o seguinte video, que che pode axudar para elexir os teus exercicios.
DÍA
2
- “ZOOFÚTBOL NA CASA”
Busca
unha pelota de pequeno ou mediano tamaño. ( se non a atopas podes
construir unha de pape, cun xornal vello, revista, un pouco de celo,
pegamento..).
Busca
un espazo seguro e axeitado da casa.
Fai
apoio a catro patas para desplazarte, non apoies os xeonllos e
utiliza unha man para conducir ou golpear a pelota mentres te sostés
co resto dos apoios.
Polo
corredor da casa fai conducións coa
pelota ida e volta.
Ensaia
lanzamentos á portería (os marcos dunha
porta , unha cadeira), a 1 ou 2 metros de distancia e intenta
utilizar ámbalas mans.
Reta
aos que poidas na casa a xogar un breve
partido de 2 ou 3 minutos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario