Estimadas familias:
Moitos de nós, como pais e nais, ademais de mestres e mestras, e que estamos a permanecer nas nosas casas coa rapazada, somos conscientes das dificultades coas que estamos a convivir nestes días. Nosos fillos teñen tarefas para cada unha das sesións, como se estiveran no centro educativo. Nós poderíamos facelo así, xa que como ben sabedes, a rede está chea de suxerencias e nós estamos a elaborar o noso propio material (que vos iremos subindo pouquiño a pouco), pero pensamos que non debemos facelo así, xa que a situación na que nos atopamos é totalmente excepcional.
Decidimos facilitarvos un correo electrónico para favorecer a comunicación bidereccional entre as familias e as titoras. Podedes enviarnos fotos destes días, vídeos, suxerencias, actividades para corrixir, o que votades de menos o que votades de máis... Estamos abertas as vosas aportacións. Pensamos que ao noso alumnado lle gustará saber dos seus compañeiros e compañeiras. Se non dispoñedes de impresora na casa, podedes enviar fotos das tarefas feitas cos vosos teléfonos, se o considerades oportuno. No Asunto indicade se é para 2º A ou para 2ºB e o nome do neno ou da nena.
O correo electrónico é o seguinte: couceiroprimeiroesegundo@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario