martes, 31 de marzo de 2020

ANUNCIO IMPORTANTE

Estimadas familias:
Tal e como anuncia a dirección do centro segundo as Instruccións do 27 de marzo de 2020 enviadas pola Consellería de Educación aos centros educativos, realizaremos a avaliación do 2º trimestre tendo en conta todo o traballo realizado ata o momento no que se declarou o estado de alarma.
As familias que desexedes visualizar o boletín coa avaliación dos vosos fillos e fillas poderedes facelo descargando a aplicación"Abalarmóbil"  no Google Play. Logo da descarga, pediravos o voso móbil e un código que vos chega por SMS. A continuación teredes que establecer un contrasinal. Se durante este proceso vos aparece unha mensaxe indicando que non hai ningún teléfono vinculado, ou tedes algún outro atranco, poñédevos en contacto co colexio a través do teléfono 881930480 ou no email ceip.couceiro.freijomil@edu.xunta.es 
Saúdos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario