lunes, 23 de marzo de 2020

ANUNCIO: #NoCouceiroQuedamosNacasa

Estimadas familias: 
Desde o colexio fannos unha proposta co fin de contribuír a levantar o noso ánimo nestes días de confinamento. De forma voluntaria, cada familia mandará unha foto ou un vídeo que non supere os 10 segundos onde esteades xogando, facendo exercicio ou calquera outra actividade que se vos ocurra. Poderán saír sós os nenos ou as nenas ou coa familia. 
O obxectivo é elaborar un vídeo que levará por título  #NoCouceiroQuedamosNacasa
O prazo remata o vindeiro mércores 25 de marzo. 
As fotos e/ou vídeos enviaránse ao correo 

ceipcouceiro@gmail.com

Compartimos con vós estas fotos do alumnado de 2º A xogando na aula.
Ao longo da mañá iremos subindo máis actividades. 
Lembrade que o pasado xoves subimos un resumo do tema 1 de matemáticas e varias fichas para ir facendo. E calquera aclaración, suxerencia, foto, vídeo....  podedela facer no correo que vos indicamos fai uns días.
Biquiños para todos e para todas. E moita forza!










2 comentarios:

  1. Bo día a tod@s. Desexamos que esteades ben. Icía mándavos moitos bicos e está preparando un montón de debuxos (ou un libro da paz ou algo así). Estamos facendo teletraballo os dous así que a organización é un pouco caótica pero imos facendo algunha ficha de vez en cando. Tentaremos mandar vídeo. Apertas moi fortes a todos, coidádevos moito.

    Icía e familia.

    ResponderEliminar
  2. Buenos días familias :)
    Estamos tratando de mantener el ritmo, sin forzar. Ya Víctor empieza a notar la falta de la rutina de ir al cole y ver a sus compañeros. Cuando nos ponemos con deberes, jugamos, ya que empiezo a dar las pautas y de forma mágica termino de alumna. Un fuerte abrazo a todas las personas que se mantienen el pie para tan larga lucha. Muchos cariños de nuestra parte a nuestr@s profes y mucho ánimo. Gracias por estar ahí.

    ResponderEliminar